Seso Durán é profesor de música, historiador, compositor, videocreador e produtor.
Ascensión (2022)
Este disco marca o inicio dunha nova etapa na que Durán explora temáticas máis achegadas á actualidade.
A través dos dez cortes do álbum, o artista nos adentra na sonoridade do pop-rock en galego con letras comprometidas que falan de todo o que -como profesor, compositor e historiador- lle trae de cabeza: a violencia de xénero, a soedade nun mundo hiperconectado, o estrés da vida dixital, o amor incondicional, a crise ecolóxica… O título do álbum xorde dunha reflexión moi persoal: “Ser humano é aburridísimo. Dalgunha maneira precisamos elevarnos: pirámides, rañaceos, relixións, récords deportivos, followers… Non abonda chegar a ser quen es. Queremos transcender, expandirnos, porque sabemos que non imos durar; nin nós nin nada do que fagamos”.
Este novo traballo está producido, gravado e mesturado por Iago Lorenzo (Presumido, Furious Monkeyhouse, Voltaica, Heredeiros da Crus…), masterizado por Robin Schmitd de 24-96 Mastering Studio (Liam Gallagher, The 1975, Paul Weller, Keane…) e editado por Inquedanzas Sonoras. O deseño gráfico é obra de Guillotina Estudio, a partires dunha fotografía de Esther Medraño.
O resultado é un disco elegante e ávido de contacto: “A idea era que soara a banda tocando en directo, que a distancia entre o disco e o palco fose moi pequena”, resume Seso. Para logralo, contou coa colaboración de José Bruno (batería con Andrés Calamaro, Leiva e Joaquín Sabina) e Manu Conde (guitarrista en Milladoiro), cos coros de Olga Lalín, Sabela Cereijo, Laura Taka e Sandra Lima, e coas guitarras e ambientes ao teclado do propio productor.
A VOZ INTERIOR
Incluída no álbum "Ascensión"
Gravada por Irra Chouza, Seso Durán e Manuel Ares
Mesturada por Iago Lorenzo
Edición de video: Seso Durán
https://www.youtube.com/watch?v=D0uvIS6xjLU
Gravada por Irra Chouza, Seso Durán e Manuel Ares
Mesturada por Iago Lorenzo
Edición de video: Seso Durán
https://www.youtube.com/watch?v=D0uvIS6xjLU
Un Desfile
Producido por Iago Lorenzo
Masterizado por Robin Schmitd
Dirixido por Alex Penabade e David Hernández
Producido por ADARME VISUAL
Masterizado por Robin Schmitd
Dirixido por Alex Penabade e David Hernández
Producido por ADARME VISUAL
O PAÍS NON PAÍS
Podedes escoita-lo disco enterio en:
Son da memoria é un disco escrito e producido por Seso Durán (Xosé Manuel Durán), profesor de música, historiador, compositor, video creador e produtor, que desde os 90 (como integrante do grupo folk Liorna, entre outros) publica a súa obra, centrada
nos últimos anos en contido relacionado coa didáctica musical. Comprometido coa innovación, é invitado regularmente a compartir os seus proxectos e experiencias nos foros educativos máis destacados (Culturgal, Universidade de Santiago, Universidade
Autónoma de Madrid, etc), tendo acadado numerosos recoñecementos a nivel galego e estatal.
A gráfica do disco foi realizada por Xose Carlos Hidalgo, do prestixioso equipo Numax.
Son da memoria é un disco que xira arredor do que aconteceu a partir do golpe de estado de 1936, especialmente nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Vigo.
A Guerra civil vén sendo un tema tratado artísticamente desde o seu mesmo acontecer. As vítimas, os verdugos, os lugares, todo está neste disco. Un cable eléctrico conecta pasado e presente: o golpe, a dictadura, a Transición, os fondeados nas rías polos
falanxistas, os afogados na actual crise dos refuxiados no Mediterráneo. A memoria e a loita pola supervivencia, a brutalidade, a insolencia e a compaixón e a dignidade que as confrontan, forman parte da paisaxe sonora, visual e emocional de todo o proxecto.
As cancións
1. Príncipe azul: Baseada nun discurso en Radio Sevilla, no que o xeneral golpista Queipo de Llano anima os lexionarios e regulares a violar as milicianas republicanas.
O emprego da agresión sexual ás mulleres como arma de guerra é algo tristemente habitual nos conflitos bélicos. O feito de que un dirixente tan destacado o faga expreso publicamente non é só unha mostra de brutalidade, senón tamén a clara expresión
dun sentimento de impunidade que o tempo non fixo máis que confirmar.
2. Landín acordeón: Conta unha historia de ficción baseada nun acordeonista que coñecín de neno. O marco: acordeonista, calellón, son reais, o demáis unha metáfora da persistencia nas conviccións propias a pesar das consecuencias que calquera podería sufrir.
3. O fillo asasino: Por esta canción, sobre a deshumanización do inimigo real ou imaxinario, sobre a xustificación do crime, desfilan catro personaxes, que en realidade son un mesmo. É a nai de cada un a que intenta desculpalo, pero resulta evidente que
elas son, en realidade, as primeiras vítimas.
4. Canción dos afogados: Como "O fillo asasino" conecta pasado e presente: os fondeados nas rías durante o terror franquista, os afogados na actual crise de refuxiados no Mediterráneo, con Occidente como espectador pusilánime en ambos casos.
5. Aquela muller: Conta a historia dunha muller desfeita pola guerra, pola desaparición do seu home e do seu fillo. Andado o tempo aquela muller atemoriza coa súa soa presenza os nenos do vencindario no que vive.
6. Interludio: Pregaria de San Simón. Escrita por Eduardo Pantaleón, un dos presos do penal en que converteron o antigo lazareto da illa de San Simón. O texto está incluído no libro Aillados. A memoria dos presos da illa de San Simón. Antonio Caeiro, Juan A.
González e Clara Mª. de Saá. Ed. Ir Indo, 1995.
7. O cemiterio das botellas: A historia do meu tío avó Benito Pastoriza Fariña, condenado por intentar facer saltar polos aires a ponte dos Beireses, en Ardán. Preso primeiro en San Simón e despois trasladado ao penal do Forte de San Cristóbal, en Navarra. Xunto a outros máis de 700 presos participou na fuga da prisión en 1938, polo que lle aumentaron a pena noutros 17 anos. Benito morreu na cadea, de tuberculose, en 1943. A familia recibiu os seus restos no 2007. Estaba soterrado no Cemiterio das Botellas, á par do forte, chamado así porque xunto os cadáveres hai unha botella onde introduciran os seus datos persoais.
8. Non lle queda máis: Inspirada na historia de Mercedes Magdalena García, de Cerponzóns, Alba, Pontevedra, que tivo que exiliarse cos seus tres fillos a Bos Aires, despois de que asasinaran ao seu irmán Juan, e tiveran que fuxir cara o mesmo
destino, a través de Portugal, os seus irmáns Ãngel e Severino e o seu home Constante. Mercedes embarcou cos seus fillos no vapor Antonio Delfino, para non volver.
9. Esperanza: Unha canción sobre as promesas incumpridas pola transición, unha sátira onde nada (nin niguen) é o que parece.
10. Home: Un escaparate polo que desfilan algúns dos protagonistas: algúns noméanse expresamente (Victor Lis, Juana apdevielle..), outros dedúcense polo que se conta deles. Os verdugos e as vítimas, o pasado e o presente, cara a cara.
11. Todo: A canción que pecha o disco non é un canto á esperanza, senón un
lamento pola perda irreparable de tantas persoas.
Mais info en:
sesoduran.wixsite/sondamemoria
Contacto:
Seso Durán: sesoduran@gmail.com
Promoción:
Xusto Molejón Valoría - xusto@inquedanzas.com