Lidia India

Lidia India é unha cantora e compositora da comarca de Ferrolterra.

Tras a súa estancia en Sudamérica, principalmente en Brasil, a súa músicaviuse influenciada polos ritmos afro-brasileiros que se mesturaron coas súas raíces musicais galegas.

Dende o seu retorno no 2014, colabora en diferentes proxectos da escena musical de Ferrolterra percorrendo Galicia e Portugal e dende o 2017 e cofundadora, cantante, guitarrista e percusionista da banda “Maina Materia”.



Lidia India, en formato cuarteto, presenta os temas do novo disco de Lidia India e Latexo “Nas rúas”, apostando por un repertorio cheo de frescura e que conta cun carácter único, unha mestura de estilos e músicas de raíz moi persoal.

As composicións, de autoría propia, beben das fontes tradicionais galegas ás que se suman elementos doutras culturas, tanto musicais coma coreográficos.

As súas letras evocan o desexo de valorar as pequenas cousas, os encontros e a ledicia de sentirnos vivas. Unha viaxe musical de ida e volta entre Galiza e o Mundo. 


Latexo Percusión é un grupo compostelán formado por percusionistas galegas que pesquisan na tradición musical dos blocos afro brasileiros e da música malinké da costa oeste africana, entre outras. 

En 2021 decidiron xuntarse e compartir ideas e formas de sentir a música.


Da mestura entre a banda de Lidia India e Latexo Percusión xorde un formato único, que agroma nesta proposta de World Music, composta por oito intérpretes, nunha formación que inclúe batería, baixo, guitarra, teclado, voces e un amplo set de percusión africana, brasileira, cubana e galega.

 As composicións, de autoría propia, beben das fontes tradicionais galegas ás que se suman elementos doutras culturas, tanto musicais coma coreográficos.




Discografia:

Nas Rúas (2022)

Estamos moi ilusionadas co noso primeiro disco, "Nas rúas", que constará de 9 cancións de composición propia cheas de maxia, alegría e unha mensaxe que fala da necesidade de conectar co natural e o humano. Podemos atopar elementos de reggae, funk, samba, maracatú... sempre sen esquecernos das nosas raíces galegas.



Gravado por César Yáñez no Home Studio de Lidia India e mesturado e masterizado por Israel Lima en Salvador de Bahía.

Ilustracións son de Paz Medina, @pazmedina.artwork

Diseño gráfico e maquetación de Paloma Medina @positronicfuture

 Temas:

Nas Rúas

https://www.youtube.com/watch?v=BPg5P6pElPc

 

Areia Fina

https://www.youtube.com/watch?v=KRPwXz09VN4
 

 Chegan

https://www.youtube.com/watch?v=R8hSkGHJ0ts

Outra noite 

Baila que o corpo vaite levar

Novos horizontes

Cor da pel

Nas rúas

Quero que veñas

 O disco esta dipoñible nas principais plataformas musicais i en formato físico contactando con Lidia India polas redes sociais face, Insta ...


Contacto:

hipitana83@gmail.com