Donas e Cabaleiros! Nenas e Nenos!Chega o 3º disco de Banda Crebinsky, un sonoro espectáculo chegado directamente do universo Crebinsky: ZIRKUS AFFE.
Déixense levar pola música sen pasaportes das súas once pistas: o gato que canta, o trapecista con vertixe, o paiaso que fai chorar, os líderes de egos insultantes, tertulianos monologuistas e demáis artistas da farándula internacional... ZIRKUS AFFE.
Con Zirkus Affe, publicado en 2017, propoñen un achegamento a sonoridades máis mediterráneas, próximas á música Rai, con maior peso de letras en galego e castelán. Zirkus Affe é unha reflexión sobre o noso mundo desde a óptica dun mono de feira, que observa a realidade buscando novos escenarios.
ZIRKUS AFFE contou coa participación de vellos coñecidos da Banda Crebinsky, como Carlos Castro, Nuria de León ou Jerry Noia.
Gravado e misturado por Ramon Campos.
100% autoproducido e autoxestionado.
Deseño e ilustracións de Olalla Fernández Álvarez.
Máis difícil aínda! ZIRKUS AFFE!
BANDA CREBINSKY son
Sergio Zearreta (voz)
Vadzim Yukhnévich (voz e baián)
Fernando Abreu (clarinete, mandolina e voz)
Xacobe Lamas (violín)
Enrique Otero (teclados e voz)
Pablo Carrera (guitarra e voz)
Pablo Pérez Sanmamed (contrabaixo)
Miguel Queixas (batería)
BANDA CREBINSKYé unha orquesta popular xurdida dun universo imaxinario, fuxida do filme galego Crebinsky (2011).
As súas músicas nacen como banda sonora e, saíndo da pantalla, corren ás rúas e ós escenarios, crecendo e desenvolvéndose con enerxía.

FOTOS da Banda Crebinsky no Armadiña Rock en:
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2015/09/fotos-banda-crebinsky-no-armadinarock.html
DISCOGRAFIA PREVIA:
JET LAGEn 2012 sae á venda o seu segundo disco Jet Lag, publicado por Boa Música, no que BANDA CREBINSKY opta por un son ecléctico e directo, rápido no cambio de estilos, tempos, franxas horarias, culturas e idiomas, nunha viaxe a un mundo en constante metamorfose.
Podedes escoita-lo en:
https://bandacrebinsky.bandcamp.com/album/jet-lag
Crebinsky
Banda sonora da película "Crebinsky" do director Enrique Otero
Podedes escoita-lo en:
https://bandacrebinsky.bandcamp.com/album/crebinsky
Máis Info en:
http://www.bandacrebinsky.com/
CONTACTO:
pablosanmamed@yahoo.es

