DISPOSTAS PARA CANTARE

O Museo do Pobo Galego presenta o libro-cd “Dispostas para Cantare”

O disco é unha selección de cantos tradicionais recollidos en toda a comunidade galega realizada polo mestre da Escola de Música Popular e Avanzada e colaborador da liña editorial da Chave Mestra, Sergio de la Ossa.

Este proxecto naceu no ano 2007 cando Baldomero Iglesias – Mero – e Xosé Luis Rivas – Mini – acordaban co Museo do Pobo Galego a cesión dos seus arquivos persoais e a posta en marcha da dixitalización, estudo e difusión das súas recollidas de cantos, bailes, lendas e refrán que forman parte do patrimonio oral galego. O fondo de arquivos medrou pouco a pouco coas achegas de Xesús Mato e Juan Parga, de Rosa García-Orellán e Marcial Gondar, a colección da Asociación de Gaiteiros Galegos, entre outros. Así, a día de hoxe o APOI conta con máis dun milleiro de casetes, videocasetes, e outros formatos, e na súa base de datos xa están publicados máis de 400 rexistros que están a disposición da cidadanía a través da páxina web http://apoi.museodopobo.gal/.

“Dispostas para cantare” é o nome do libro-cd patrocinado polas Bodegas Martín Códax no que se recollen 24 temas variados en canto ao xénero e á procedencia que forman parte do Arquivo de Patrimonio Oral da Identidade – APOI do Museo do Pobo Galego.

Este CD-libro é unha edición exclusiva para agasallar ós socios, socias e colaboradores do Museo do Pobo Galego polo seu 40 aniversario. Todas as pezas incluidas no mesmo estan a libre disposicion en:  http://apoi.museodopobo.gal/

Como exemplo podedes escoitar dous dos temas incluidos no disco nos seguintes enlaces:


CONTACTO:
O Museo conta cun servizo de atención ao público no número de teléfono 981-583620 / fax 981-554840 
ou a través do correo info@museodopobo.gal