Esta edición limitada de “Fonte do Araño” – 300 unidades - con motivo do seu 40 Aniversario, conserva a mesma capa deseñada por Xosé Díaz para a edición orixinal e no seu interior o limiar feito por Alan Stivell acreditando a existencia dun mito cultural chamado celtismo do que Galicia forma parte.
Para mercar esta reedición deberedes contactar con: discos@polyrock.es
Foron os dias 18,19 e 20 de abril de 1977 cando Emilio Cao, Bernardo Martínez, Xose Ferreirós, Antón Seoane e Xoan Piñón se reuniron nos Estudios Audiofilm para plasmar en dez cancións a chegada dun tempo novo. O que alí aconteceu quedou rexistrado nun disco transgresor onde se atopamos sons acústicos de zanfoñas, arpas, cítolas, gaitas e percusión, xunto a electricidade dos micros e da guitarra eléctrica.
Co tempo, este traballo convertiuse nunha referencia histórica que abriu o camiño para a música celta na península ibérica, e posiblemente non tivera acontecido sen a implicación de Nonito Pereira Revuelta, quen, con esta producción, inauguraba o selo discográfico Abrente, no que tamén grabarían Seoane e Romaní antes de formar Milladoiro, Xosé Quintas Canella, NHU, Xoan Rubia, María Manoela e Xocaloma.
Parte dos músicos implicados na grabación viñan de formar parte do chamado Movemento Popular da Canción Galega, e compartían ademáis do gusto pola música anglófila, portuguesa, bretona e os cantores sudamericanos, unha mesma visión respecto a necesidade de renovar a música galega engadindo novos matices, principalmente no referido a unha maior presenza de elementos da nosa cultura.
O repertorio seleccionado incluiu tres pezas populares – Pandeirada de Nebra, Arrieiros de Moraña, Romance de Bernardino e Sabeliña -, e sete composicións firmadas por Emilio Cao, quen tamén se encargaría dos arranxos xunto a Bernardo Martínez e Xoan Piñón.
Entre elas cabería destacar Fonte do Araño, que da nome ao disco e presenta unha enfeitizante mistura tecida co son da arpa céltica, gaita e unhas segundas voces anxelicais, Na noite de San Xoan, ou como a zanfoña e unha sentida interpretación de Cao serven de guía nunha treboada, Chegando ao Caurel ca pegada do birimbao, e as improvisacións de As gaivotas sobor do nos, sen olvidar Baixaron as fadiñas ou No campo da festa, cadansua con cualidades únicas e inéditas nas grabacións feitas daquela en España, pero que na escoita en conxunto ofrecen unha experiencia sublime.
O tema da versión orixinal está no Youtube