PIANISTA , COMPOSITORA e MAESTRA
María Mendoza, pianista, compositora e docente, nace en Oviedo en 1975 e comeza os seus estudos musicais á temperá idade de catro anos da man da súa nai, profesora de piano. No ano 2001 conclúe os seus estudos superiores de Piano e de Música de Cámara no Conservatorio Superior de Música de Bilbao. Un ano máis tarde, obtén no mesmo centro o Título Superior de Solfexo, compañamento e Transporte, así como a licenciatura en Belas Artes pola Universidade do País Vasco. No ano 2002 desprázase a Galicia e comeza os estudos de Composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo, da man de Carlos Cambeiro, Joám Trillo e Pablo Beltrán.
Completa a súa formación con cursos monográficos e clases maxistrais de piano cos mestres Serghei Yerohkin, Joaquín Achúcarro, Luca Chiantore e Emmanuel Ferre-Lalöé, de análise con Carlos Cambeiro, Emilio Molina, José María Laborda, Edson Zampronha e Teresa Catalán, de jazz e música moderna, de técnicas de relaxación e control do medo escénico, de análise da música cinematográfica e de composición con Antón García Abril.
A súa actividade profesional divídese entre a docencia, a composición e a interpretación, destacando sobre todo a súa faceta creativa, tanto compositiva como interpretativa. Na actualidade é profesora do departamento de Composición no Conservatorio
Profesional de Música de Ourense. Como intérprete, destaca a súa gran versatilidade como pianista clásica, como acompañante, tanto de instrumentistas, cantantes e agrupacións corais e como teclista en grupos de música moderna (pop, rock, folk, etc.).
En canto á composición, é autora de pezas para piano, música de cámara, relixiosas, corais, orquestrais, para banda de música, para voz e piano e de bandas sonoras para curtametraxes e series de animación, onde consegue unir as súas dúas grandes paixóns: a música e o cinema.
Compositora da música da serie Caracol e Caracola e das curtas de animación O día en que a mamá se lle puso cara de tetera, E que podo facer eu?, O sultán e os ratos, Rato Tom e Rata Tomasa e Pedra, palo e pau da serie Contos do Camiño da productora galega OQO filmes, entre elas as gañadoras do Premio Especial do XUrado no Festival Brasil Stop Motion 2011, emitidos en televisión de Galicia, Finlandia, Arxentina, Turquía e Portugal, entre outros países.
Nova (2017) é o irmao xemelgo de “Intro”, o seu reflexo no espello.
Este segundo traballo discográfico en solitario divídese en tres bloques:
Imaxes
CONTEMPORÁNEA:
6 pezas en estilo minimalista, influencia de compositores cinematográficos
como Philip Glass, Clint Mansell e Hans Zimmer.
1. Clon
2. Violent Shadow
3. De mon étoile
4. Preludio
5. Indian Summer
6. Magnolia
María Mendoza, "Indian Summer"
https://www.youtube.com/watch?v=aNdX4N5xbjM
Galician SketchesTRADICIONAL
3 pezas baseadas en melodías tradicionais (vals, canto de seitura e xota) das terras de Avión (Galiza)
recuperadas polo colectivo Castro Floxo e fixadas musicalmente no 1997 no Cancioneiro Popular da Provincia de Ourense.
7. Catro palomitas brancas (Vals de lumière)
8. A miña burriña
9. Segador que ben segas
Space Oddities
ELECTROACÚSTICA
3 pezas nas que o piano e o saxo tenor se mesturan con sonoridades electrónicas
para recrear o mundo espacial imaxinario da compositora.
10. Parsec (Paralaxe dun arcosegundo)
11. Más allá de Orión
12. Zero
María Mendoza, "Devil's Dance"
https://www.youtube.com/watch?v=WiIQG-Df4Vs
DISCOGRAFIA PREVIA:Intro (2016) é unha viaxe no tempo, un vagar entre épocas a través de nove composicións orixinais, sete delas inspiradas en temas galegos. Un convite a pecha-los ollos e deixarse levar por antigas sonoridades mesturadas coas novas. Un intento de pechar o círculo, de dar voz ás músicas dos que xa non están para tentar de permanecer no tempo.
Intro dividese en tres partes
Meu Amigo
ANTIQUE
4 pezas baseadas en 4 Cantigas de Amigo de Martim Codax
1. Ondas do mar de Vigo
2. Mandad'ei comigo
3. Mia irmana fremosa
4. Eno sagrado, en Vigo
Eno sagrado, en Vigo
Cantiga nº 6 das Cantigas de Amigo de Martim Codax
Voz, piano e sintetizadores: María Mendoza
Percusións: Márcos Vázquez
https://www.youtube.com/watch?v=DsM_LHArrfk&feature=youtu.be
Galician Sketches
TRADICIONAL
3 pezas baseadas en tres jotas das tierras de Avión (Galiza) recuperadas polo colectivo Castro Floxo
e fixadas musicalmente no 1997 no Cancioneiro Popular da Provincia de Ourense.
5. Tocadoro do pandeiro.
6. Como queres que te ronde
(foi premiado no concurso de composición Galician Folk Songs 2015.)
7. Para quen entrou no baile
Imagens
CONTEMPORÁNEA
2 pezas en estilo minimalista, influencia de compositores cinematográficos
como Philip Glass, Clint Mansell e Hans Zimmer.
8. La Bella
9. Umzug
Tamén ten publicado o libro coas partituras coa editorial Armonía Universal.
Contacto e Internet:
mendoza1975@hotmail.es
www.mariamendozapiano.com