Festival Nun Local 2018


PROGRAMACIÓN
 # FESTIVAL NUN LOCAL 4 
Cada local, un escenario 
Churruca/Casablanca/Casco Vello 
15 · 16 · 17 · 18 marzo 2018 - Vigo
O Festival Nun Local é …

… un festival multidisciplinar que quere fomentar as artes locais a través da simbiose co pequeño negocio; cultivando artistas, creando públicos e dinamizando barrios. Desde o 2014, en tres edicións participaron máis de 400 artistas en 123 escenarios de todo tipo; bares, panaderías, ferraxerías e mesmo unha inmobiliaria.

Durante uns días, o barrio transfórmase en festival. As artes en todas as súas formas están a pé de rúa, no bar de sempre, na peixaría - os escenarios das nosas vidas. Mesturamos poesía con pop, maxia con microteatro. Hai aforamentos desde setenta persoas ata sete. Veteranos xunto a novos talentos. O local. O espazo en sí, incorpórase ao proceso artístico.

Tras recibir arredor de 250 propostas chegadas de toda España, o Festival cumpre o seu lema (“o pequeno pode ser grande”) e medra, ampliándose tanto en datas como en barrios; Churruca (xoves), Casablanca (venres) e Casco Vello (sábado e domingo), onde comezou todo.

Festival Nun Local é un festival pequeno de dimensións moi grandes e xs voluntarixs son unha parte fundamental do seu bo funcionamento, por non dicir esencial. Somos un festival 100% autofinanciado

Rumbo a un novo modelo de festival Este ano, ademáis de facernos máis grandes, ampliando días e barrios, introducimos unha serie de novidades que encaran o rumbo cara onde queremos que evolucione o festival. - Colaboracións con outros festivais e institucións (Festival Primavera do Cine, Festival Poemaria, Intituto Camões); - unións entre o cultural e o socioeducativo da cidade (proxecto “Artistas”, participación do colectivo Os Ninguéns) e máis autonomía aos artistas e espazos que participan.

Tamén introducimos nalgúns escenarios a Taquilla inversa, un modelo que mantén a entrada libre ás actuacións, pero ofrece a oportunidade de pagar unha entrada ao saír, sen obrigas nin xuízos que irá integramente destinada ao artista. Queremos así invitar aos espectadores a reflexionar sobre o valor das artes e da cultura. Xa que se cremos que a cultura ten valor, parte do valor que decidamos poñerlle ten que ser económico.


Autofinanciación – Venta do Equipamento Fan do FNL4 Conseguimos cubrir os custos mínimos dos artistas a base dunha cota de participación de cada escenario pero para conseguir cubrir os custos de publicidade, a cartelería e demais dependemos enteiramente da venda do noso equipamento fan: as nosas míticas chapas, que este ano están deseñadas por Silvia Sánchez con retais de tela de distintas cores e que terán un custo de 5€ e a bolsa da edición deste ano, deseñada por Vanesa Álvarez cuxo prezo será de 10€. Durante a fin de semana (sábado e domingo) contaremos cun posto de venta no Cosmos Café (Pza. Princesa) no que tamén estarán dispoñibles para mercar os marcapáxinas, as postais, as láminas e o libro do proxecto Artistas de Davida (que tamén ten unha proporción de financiamento do festival) e as camisetas do ano anterior deseñadas por Oeuf de Canard

+ info en: 
www.festivalnunlocal.es

Xoves, 15 de marzo –Churruca 

20.30 - Brewing Record (Martín Códax, 8)
Magritte & Molson
Temas propios e versión de folk e indie

21.00 - Hotel Junquera (Uruguai, 19)
De cómo se crea la metáfora
Peza de danza teatro

21.00 - La Casa de Arriba (Martín Códax, 23)
Padre Merino
moito máis que un monólogo – é unha acción divina

21.30 - Tinta Negra (Irmandiños, 2)
Cinta Adhesiva
Collage de post-rock, poesía e visuais

21.30 - El Velero (Martín Códax, 10)
Ramilo & Fraile
Complicidade, amor e músicas de todo o mundo

22.00 - Brewing Record (Martín Códax, 8)
Primavera do Cine
Proxección das mellores curtas do Festival Primavera do Cine 2017

22.30 - O Batallón (Martín Códax, 17)
Diego Negro
Soul, blues e jazz

23.00 -Goma Loca (Rogelio Abalde, 11)
Brazil Love Affair
Samba funk soul brasilera

Venres, 16 de marzo –Casablanca 

19.30 – Llévame al huerto (Paraguai, 6)
Reynier Aldana
Funk, reggae, afrobeat con raíces cubanas

19.30 – La Leyenda (Venezuela, 84)
Cora Sayers
Estilo – eclético / origen – Pontevedra

20.30 – Garaje-Autoescuela Casablanca (Venezuela, 82)
Miñaxoia
Danza contemporánea nun parking

20.30 – La Comedia (Vázquez Varela, 50)
Sanny
Folk americano de Vigo

21.00 – Versus Librería (Venezuela, 80)
Velpister
Recital de piano salvaxe

21.30 – Tetería Rosalinda (Paraguai, 19)
A Bonequiña
Peza cómica de microteatro dende o Morrazo con amor

21.30 – La Rosa Negra (Ecuador, 93)
“Miña Almiña” de Son Trío
Música orixinal e letras de Rosalía de Castro – voz, cello e piano
Inauguración da exposición de Laura Cochón

23.00 Mesón Padrenda (Brasil, 20)
Mr. Kebab
Absurda antimaxia e humor

23.00 – El Contrabajo (Venezuela, 82)
Alberto Mvundi
Viaxe sonora polos ritmos de Angola

23.00 – La Pecera (Pizarro, 35)
Los Bóvidos
Patas de rock, corpo de rumba e pico de blues

Sábado, 17 de marzo –Casco Vello

12.00 – Sifón (Doctor Cadaval, 5)
Tilintilonia
Teatro para bebés de 1 a 5 anos

12.00 – Quesería Marqués de Valladares (Marqués de Valladares, 21)
The Riggos
Punk Rock en versión acústica desde Vigo

12.30 – Viva la Pepa (Pza Constitución)
Family Folks
Country Folk, blues and beyond

12.30 – La Victoriana (Doctor Cadaval, 30)
David Muñiz
Arpa nun Auditorio Alternativo

13.00 – Alejandra Lepina (Fermín Penzol, 5)
Andoa
Trío de música folk

13.00 – Picadillo (Fermín Penzol, 10)
Elasong Coro
Coro feminino de música moderna

13.30 – Taberna A Mina (San Vicente, 8)
Alberto Mvundi
Viaxe sonora polos ritmos de Angola

13.30 – Casco Vello Bar (Teófilo Llorente, 53)
Mbolo Mooye Doolé
Música senegalesa e boas vibracións

13.30 – Cervexería Nós (Palma, 3)
Pezas de Microteatro
Teatro íntimo

14.30 – Cervexería Nós (Palma, 3)
Pezas de Microteatro
Teatro moi íntimo

15.30 – Cervexería Nós (Palma, 3)
Pezas de Microteatro
Teatro moi, moi íntimo

16.00 – La Pintxoteca Mar (Sobrereiros, 6)
Tiberevi
Dúo de acordeóns diatónicos

17.00 – Kastami’s (Marqués de Valladares, 19)
Mr. Kebab
Absurda antimaxia e humor

17.00 – O Papo Cheo (Joaquín Nogueira Alonso, 4)
“Antes que nada”
Microteatro onde o home e a Muller son o centro do universo, ¿ou non?

18.00 – La Cueva (Gamboa, 3)
Sanny
Folk americano de Vigo

18.00 – O Papo Cheo (Joaquín Nogueira Alonso, 4)
“Antes que nada”
Microteatro onde o home e a Muller son o centro do universo, ¿ou non?

18.30 – Vaidhe (Carral, 7)
Adelfas Danza
teatro que se fala da vida en norte

19.00 – A Lideira (Gamboa, 5)
Pascuala e Meira
Un diálogo entre a poesía e a música

19.00 – O Papo Cheo (Joaquín Nogueira Alonso, 4)
“Antes que nada”
Microteatro onde o home e a Muller son o centro do universo, ¿ou non?

19.00 – Kastami’s (Marqués de Valladares, 19)
Mr. Kebab
Absurda antimaxia e humor

19.00 – Ferry (Eduardo Chao, 13)
“Brickhead”
Comedia inglesa absurda

19.30 – La Abadía de Nuria (Travesía Primera de Victoria, 4)
Los Bóvidos
Patas de rock, cuerpo de rumba e pico de blues

19.30 – Edra (Pza. dos pescadores, 7)
Constance Hurlé
Poesía performativa cos instrumentos de corpo e voz

19.30 – Cervexería Nós (Palma, 3)
Pezas de Microteatro
Teatro recóndito

20.00 – Gálgala (Placer, 4)
Ramilo & Fraile + Poeteros
Saxo, Guitarra, Poesía performativa e quen sabe que máis

20.00 – Lume de Carozo (Joaquín Yáñez, 5)
Reynier Aldana
 Funk, reggae, afrobeat con raíces cubanas

20.30 – Cervexería Nós (Palma, 3)
Pezas de Microteatro Teatro escondido

20.30 – Pentagrama (Real, 39)
Dagda
Cuarteto de cordas, voz e percusión de música folk

20.30 – O Galo do Vento (San Vicente, 10)
“SOS”
Microteatro traxicómico

20.30 – La Peppa (Real, 45)
Jay Doe
Desde o blues máis rural do Mississippi ata a electricidade da época de Chicago

21.00 – Instituto Camões (Pza. Teniente Almeida, s/n)
Rui Oliveira
Concerto de voz, guitarra e loop station

21.00 – La Sabrosa (Teófilo Llorente, 10)
Poema del día
Poesía á carta

21.00 – La Burla Negra (Chao, 8)
“Madame Señorita”
Comedia interactiva influenciada polo clown e inspirada na estupidez do mundo da muller

21.00 – Bar Copa Princesa (Fermín Penzol, 16)
Andoa
Trío de música folk

21.30 – O Galo do Vento (San Vicente, 10)
“Lubbert”
 Teatro físico, comedia gestual, clown

21.30 – Edra (Pza. dos pescadores, 7)
Sheila Patricia
Canción de autor, fado, jazz, folclore

22.00 – Conxeito (Real, 48)
Monos in Arms

Versións funk de clásicos do pop, rock e soul

22.30 – O Galo do Vento (San Vicente, 10)
Fashion Victim
Microcomedia onde a morte e o morto, veranse envueltos nunha situación tan absurda como cómica

Domingo, 18 de marzo –Casco Vello

12.00 – Sifón (Doctor Cadaval, 5)
Tilintilonia
Teatro para bebés de 1 a 5 anos

12.00 – Salón de Grettel (Pza. Constitución, 10)
David Muñiz
Café con Arpa

12.30 – Fundación Laxeiro (Policarpo Sanz, 15- 3º) J
uste Kamishibai
Teatro de papel infantil e familiar

12.30 – Baiuca (Méndez Núñez, 11)
Dadga
Cuarteto de cordas, voz e percusión de música folk

12.30 – Carmencita La Contenta (Pza. Princesa, 3-5)
Cora Sayers

Estilo – Ecléctico / Origen – Pontevedra

13.00 – Aromas (Laxe, 9)
Os Novos
Trío de Punk-Rock’n’roll en ACÚSTICO!

13.30 – Dalalata (Teófilo Llorente, 16)
Mbolo Mooye Doolé
Música senegalesa cargada de boas vibracións das que ninguén queda indiferente

14.00 – Buqué (Palma, 9)
Sheila Patricia
Canción de autor, fado, jazz, folclore

16.30 – El Bocadini (Teófilo Llorente, 12-A)
Ukestra do Medio
Grupo de ukeleles de Compostela

17.00 – Bar Cosmos (Pza. Princesa, 6)
Os Meninos
Fado, flamenco

17.00 – Salón de Grettel (Pza. Constitución, 10)
“Váter”
Microcomedia claustrofóbica

17.30 – Salón de Grettel (Pza. Constitución, 10)
“Váter”
Microcomedia claustrofóbica

18.00 – Salón de Grettel (Pza. Constitución, 10)
“Váter”
Microcomedia claustrofóbica

18.00 – Bar Copa Princesa (Fermín Penzol, 16)
Padre Merino
Moito máis que un monólogo – é unha acción divina

18.30 – Alta Fidelidad (Pza. Constitución, 12)
The Karaoke Experience
Karaoke con grupo en directo

19.00 – Coctelería Sinatra (Fermín Penzol, 6)
Tardis
Viaxe musical a través do espazo-tempo