Membros banda
Chani, Seso, Toño, Jesus e Hono
Nos ano 70 xuntábanse catro rapaces e dúas rapazas case adolescentes para formar un grupo chamado 'Nuevas Amistades', participan no 'Festival del Miño' co primeiro tema que se presentaba en Galego ao devandito Festival, "CANTIGA DAS FONTES" Esta cantiga foi grabada nos estudos da discografica xa Desaparecida MARFER de arranxos do mestre Rafael Ibarbia.
A partir de alí comeza unha carreira discográfica con varias participacións en festivais e diversas xiras.
En 1975 desfaise o grupo e quedan 40 anos de ausencia dos escenarios; ata que no 2015 xuntanse para cantar unha panxoliña no 'Luar' da TVG. É a partir de este encontro cando varios dos seus membros deciden volver a cantar co nome de 'Varalonga'.
Prantexan adicar seu traballo creativo a musicar poemas dos poetas populares do seu pobo natal, deses homes e mulleres que non falaban do traballo desde a fiestra ou o balcón; cando falaban dun carro, eles mesmos, carrexaban ou empuxaban del; se falaban da leira eles labraban e botaban o esterco, e se falaban do mar eles remaban ou tiraban das redes, rapetas, nasas na gamela…
Para acadalo buscan axuda na Asociación Cultural 'A Cepa' de Cangas, que decide apadriñar seu traballo; así no 2017 faise a saída dixital do novo proxecto discográfico baixo o titulo 'Poetas Populares Vol. 1' con textos dos poetas da rúa:
• Serafín Graña (Serafín)
• José Santos (Pepe Poeta).
Un traballo que deixamos á vosa consideración, para escoitar e sentir as verbas dos nosos poetas, que tanto nos axudaron a vivir en tempos difíciles.
Temas:
As sardiñas pingan no pan
La cola
Areaboba a noite
A capela do hospital
Tebras da noite en Rodeira
Mala veciña
Adeus a pichirol
Hipocresia
A taberna fatal
Os chingolos
Singorellas de Balea
Outono en Cangas
Podedes escoitar os temas en: "Spotify"
CONTACTO:
tribumusicalsl@gmail.com