Bieito Romero: gaita, frauta traveseira.
Irene Cerqueiro: voz, frauta traveseira, teclado.
Pablo Rosales: whistle, zanfoña, gaitas.
Jorge Salgado: guitarras, bouzouki, teclado.
Miguel Ocampo: percusión.
Miguel Rosales: acordeón diatónico, teclado.
Javier A. Ferreiro: técnico de son.
Irene Cerqueiro: voz, frauta traveseira, teclado.
Pablo Rosales: whistle, zanfoña, gaitas.
Jorge Salgado: guitarras, bouzouki, teclado.
Miguel Ocampo: percusión.
Miguel Rosales: acordeón diatónico, teclado.
Javier A. Ferreiro: técnico de son.
O grupo que naceu no 2016 no seo da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto baseado nos cuartetos de música tradicional. Desde os seus inicios, o grupo deixa a súa impronta en foliadas de prestixio como os Cantos de Taberna de Folgoso do Courel ou en citas como o Festival da Carballeira de Zas.
A experimentación sonora e o achegamento ao traballo de grupos como Luar na Lubre, Milladoiro, Silly Wizard ou The Tannahil Weavers dán paso, desde a tradición, ao folk contemporáneo. As influencias de diversos estilos musicais resoan nos seus directos e o grupo acada a súa actual formación, de 6 membros multiintrumentistas, no ano 2018.
Neste tempo a banda convérteuse nunha peza chave da programación musical de míticos locais como Casa das Crechas ou Cova Céltica e acada o recoñecemento en eventos de primeiro nivel. É o caso do Festival de Ortigueira, cita na que se proclama gañadora do Concurso Runas 2019 xunto ao gaiteiro xaponés Yuki Kojima.
Neste 2020 o grupo impulsa e finaliza, exitosamente, unha campaña de micromecenado apoiada por máis de 160 persoas co obxectivo de publicar o seu primeiro LP. Este verán Dequenvessendo regresa con forza aos escenarios para presentar ante o público Canto das xacias. un traballo que ten coma protagonista a cultura galega a través da súa poesía e do seu imaxinario popular. O primeiro singledo álbum, Muiñeira d’a cabra, está dispoñible desde o 25 de agosto (https://links.altafonte.com/n0qywgq).
Canto das xacias /2020)
O primeiro disco da banda foi editado por XINGRA e producido por Mirmidón, e chega após unha campaña de micromecenado.
Podedes escoita-lo nas principais plataformas dixitais (https://links.altafonte.com/ee5d5vk).
O traballo contou coa colaboración de artistas como Sés, Xosé Liz, Nani García ou Xabier Ferreiro ‘Man'.
https://www.youtube.com/watch?v=3cD3YcxDwQc
Dequenvessendo - Muiñeira d'A Cabra
https://www.youtube.com/watch?v=3cD3YcxDwQc
AO VIVO NA SALA O TUNEL (A CORUÑA)
CONTACTO:
dequenvessendo.oficial@gmail.com