GHARABULLO


Gharabullo son unha banda que habita na terra mais fan música como si viviéran no fondo do mar...
 

Xurxo Rodríguez - guitarra e voz
Manuel F. Rodríguez- Guitarra e voz
Sito Nodar - Baixo e voz
Uxío Taboada -Batería e percusión
 


Denominan o seu estilo "visceral rock peláxico", con influencias do power-pop, no wave, after punk, garaxe, noise... e calquera cousa que se lles ocorra, coa premisa e non pecharse a nada. Gharabullo canta en galego, en castelán, en inglés e italiano...porque aínda non aprendeu máis linguas e o medio impórtalle pouco. As súas letras tratan desde temas persoais ata calquera ocorrencia.


Gharabullo (2019)

O 15 e 17 de febreiro gravaron nos Estudios Bonham da Coruña, todos xuntos ao unísino, 11 temas que  remataron sendo o seu primeiro disco e  que se pode escoitar en todas as plataformas dixitais. En breve iniciarán o asalto aos escenarios para defender, cal cans de presa, súa música ao vivo.

De momento a súa vía de comunicación co mundo está en www.facebook.com/gharabullo e tamén en Instagram.

Gharabullo é unha nova banda galega con ínfulas de grandeza, real coma martelo de ferreiro e con intención canina: trabar!

 
Gharabullo fai un cóctel da Velvet, The Wipers, The Cramps e as b.s.o. tipo Songoku e regurxita-o todo sen racionaliza-lo.

Podedes escoitalo e mercalo en:

https://gharabullo.bandcamp.com/releases

Tamén no youtube

https://www.youtube.com/watch?v=pcbMujdIqBQ&list=OLAK5uy_n0eP1kpBdrYV3JG_Cscvjqrx9VBgZZJKo&index=3


CONTACTO:  


Chamar: 663109884


Correo e:  gharabullo@gmx.es