ABOBRIGA

Abóbriga xorde a finais do ano 2008, onde parte dos gaiteiros do Monteboi (Baiona) contactamos con varios músicos para facer unha colaboracion nunhas actuacions informais, e tanto gustou o resultado que decidimos formalizar o grupo.


O noso repertorio é amplo tanto en pezas tradicionais coma de “cosecha propia”. .O nome do grupo, "Abóbriga", provén dos antigos gregos, que denominaban así ao pobo onde naceu a nosa agrupación, a actual Baiona.


Non hai fallo (2019)

Xa pasaron uns anos daquel Foliada en Baiona, o primeiro disco do grupo Abóbriga, pero ollo... Non hai fallo, onde hai un primeiro tamén hai un segundo, ademáis cunha dedicatoria moi especial tanto para o grupo coma para todos os amantes da música
tradicional da zona de Vigo e arredores.

Cando falamos de Abóbriga falamos de música de raíz, con personalidade propia, repertorio popular e tamén con temas persoais que reflicten o aire que teñen as composicións que xa consideramos de corte tradicional. Todo elo cunha mestura de gaitas e percusión tradicional sumadas a unha base harmónica proporcionada polo acordeón e dous instrumentos máis xogando coas propias melodías, desfacéndoas e propoñendo outras novas dentro da principal, sen esquecernos das voces, sempre con historias que contarnos. Iso
todo da coma resultado un disco coma este, dende o mítico cuarteto de gaitas ata o son das murgas, encargados de facer festa alí por onde van. Músicas que recordan aos antigos bailes das vilas onde a xente ía para troulear.

Moitos éxitos neste novo traballo discográfico dun ex-abóbrigo, e como diría Tino Gallego: Lume!

Prólogo de Rubén Troitiño



Gravado nos estudos chispún por Ruben troitiño, o novo  traballo de Abobriga contén 16 temas dos cales 11 son de cantar. A maoir parte dos temas son composicións propias moitas de elas.
Tamén contén un fermoso agasallo; a última composicion do mestre Henrique Otero dunha fermosa muiñeira de Monteboi.
Contén algunha de recolleita, ...

e coma sempre moita, mopita FESTA !!!

Dstribue Inquedanzas sonoras.

" que mellor agasallo pra este Nadal !!! os que o queiran mercar, podedes atopalo ,en Inquedanzas sonoras, no taller de acordeons de Manuel Olegario, no obradoiro de Patri Saians, Telas Maseda (Baiona), Adobiarte ( ponteareas), a por privado a cada un de nós e o enviamos por correos contrareembolso".

Xota de Baiona - Non hai fallo - 2019

https://www.youtube.com/watch?v=V1Ob22xso4A



DICOGRAFIA PREVIA:

1. Pasodobre dos compañeiros
2. Foliada de Baiona
3. Rumba da Balsa e muiñeira das entretelas
4. Pichondobre
5. Pintinhos no terreiro
6. Muiñeira de Baiona
7. Pasacorredoiras de Abóbriga
8. Danza das espadas
9. Foliada de Velle
10. Ximauma
11. Muiñeira do deprimido
12. Tres cantos
13. Rumbóbriga
14. Pasodobre do Punta Balea
15. Foliada da señora Xoana
16. Matache o porco


O disco conta con 16 temas onde ofrecen una mostra da historia da música tradicional do municipio mesturados con composicións propios coma o “Pasodobre Punta Balea” e con cancións populares coma a “Foliada de Baiona” ou a “Muiñeira de Baiona”, recopiladas da tradición oral. Tamén destacamos a presencia dunha peza inédita, una danza de espadas encontrada no Arquivo Provincial de Pontevedra.


Contacto:

abobriga@hotmail.com