NELSON QUINTERO e BRAIS GONZALEZ


MUSICAS DE DOMINGO (2019)
é o novo disco Músicas de domingo de Nelson Quinteiro,voz e Brais González ó piano.

Música galega en maiúsculas, vestida de domingo e na que a sensibilidade e o talento de Brais González enlázase coa personalidade de Quinteiro para dar como resultado melodías directas, rítmicas, vibrantes nun concerto moi participativo e emocionante que te deixa cun sorriso nos beizos. Un constante xogo de latitudes que fai das pezas de tradición galega algo tremendamente universal. Descúbreo!

 11 temas da música tradicional galega levada a un eixo de coordenadas moi especial e sorprendente.

Coas colaboracións especiais de Blas Castañer e Roi Adrio na percusión, Erea Carbajales Molina ó violín, Raquel Miguélez ó contrabaixo, e David Álvarez Caneda ó acordeón.


Temas incluidos:

01 – Lusco de domingo
02 – O paxaro
03 – Xota do norte
04 – Tres hojitas
05 – Non bou
06 – A subila
07 – Alalá de herbón
08 – Pomba branca
09 – Fusco de domingo
10 – Insua
11 – Costureiriña

O PAXARO

https://www.youtube.com/watch?v=xo1VFFVNEWk&feature=youtu.be&fbclid=IwAR3HREgWMaVViZP0Whvd0tKopSDy3iLMbsP6ed5jRxJo27TRDTHDNs7NccM
video "Making Sounds" do cineasta e documentalista Dani López (Mandeo Records) que encaixa como anel ao dedo coa natureza e espíritu que buscaban para dar cobertura visual a este tema.


MÚSICAS DE DOMINGO
no youtube
https://www.youtube.com/playlist?list=PL4MQbV8daWm1xmBsqRRGJccDjXQb2RkKS&fbclid=IwAR3xCqv-NXYOedbH4i9XfEIU0sq4QU-AUkuZSHWJFJAyGwQjSGPBnlSyNsQ


Podese escoitar integramente no Youtube no enlace:




ADEUS 2019!!!!
"E despedímonos ao grande!!!!
A Banda de Música Municipal de Valga, con motivo do seu concerto de Nadal, tivo a ben convidarnos, a Brais González e mais a Nelson Quinteiro para tocar con eles varios dos temas do noso novo disco "Músicas de Domingo".
A versión sinfónica correu a conta de Iago Sobrino Martínez, e a dirección orquestal a cargo de Manuel Villar Touceda, alquimista, xenio, figura e coordinador deste equipo tan increíble como é a Banda de Música Municipal de Valga.
A gravación e mestura de son correu por conta de Pixelecer Audiovisual, con Damián Pazos Otero á cabeza.
Todo un agasallo e o primeiro paso do que poden ser proxectos a chegar de cara a este 2020 ó que desexamos boa ventura, felicidade persoal, vento nas velas e moita música, moito teatro e moita saúde para vivilas!!!
O concerto tivo lugar no Auditorio Municipal de Valga, o 28 de decembro. Grazas a todas as músicas e músicos que aportaron o seu granciño de area e o seu talento musical, grazas ao numeroso púbico que se achegou até o Auditorio de Cordeiro, grazas a Manolo, pola súa inmensa personalidade e grazas a todas e todos que confiades e apoiades este proxecto musical.
Agardamos que o desfrutedes!!!
UN SAÚDO E FELIZ 2020!!!!"
O PAXARO
Nelson Quinteiro e Brais González
coa Banda de Música Municipal de Valga.



C O N T A C T O :
 
Enderezo electrónico:  nelson.quinteiro@gmail.com