As EFÉMERAS somos artistas e activistas culturais de Redondela, comprometidas coa ecoloxía, a cultura e a fala do país. Tamén co queixo, a augardente e o viño do país.
Co país, en xeral.
Con este proxecto, que comezamos no 2019, pretendemos xuntarnos e pasalo ben facendo TradiPunk tabernario, PopRock de Furancho.
O noso é o palco pequeno, mais estamos sobradamente preparadas para o grande.
Estes seis redondeláns presentan unha música festeira para cantar e bailar. Alegráiva vital a pesar das circunstancias. Letras apegadas á terra, á súa, mais con referencias partilladas por boa parte do territorio, nacional e mundial. O amor, as tradicións, a convivencia, a ecoloxía, o consumo... e agora tamén o confinamento. Que eles sofren especialmente porque se ían presentar ao vivo esta fin de semana e xa non vai poder ser. Por iso nos lanzan o seu tema NAMORARE, para que sigamos mantendo acesa a chama do amor aínda que as circunstancias nos separen ou nolo compliquen.
Xa durante a semana santa lanzaran o tema FURANCHÍN no que facían seu o sentimento maioritario da poboación galega, neses días luminosos, de ir a un furancho. Onde eles naceron. Onde cantan e onde se inspiran. Aínda que a súa inspiración é tamén poética e política, activista. Boa parte deles organizan o festival Artelixo en Redondela, que tamén está adiado até novo aviso. De feito, será no disco de Artelixo (que sairá en canto se poida tamén) onde atoparemos o seu primeiro tema gravado CHORA O MAR, un alegato contra a contaminación, da terra e do mar, e un chamado a un novo mundo, máis ecolóxico e respectuoso.
Co país, en xeral.
Con este proxecto, que comezamos no 2019, pretendemos xuntarnos e pasalo ben facendo TradiPunk tabernario, PopRock de Furancho.
O noso é o palco pequeno, mais estamos sobradamente preparadas para o grande.
Xa durante a semana santa lanzaran o tema FURANCHÍN no que facían seu o sentimento maioritario da poboación galega, neses días luminosos, de ir a un furancho. Onde eles naceron. Onde cantan e onde se inspiran. Aínda que a súa inspiración é tamén poética e política, activista. Boa parte deles organizan o festival Artelixo en Redondela, que tamén está adiado até novo aviso. De feito, será no disco de Artelixo (que sairá en canto se poida tamén) onde atoparemos o seu primeiro tema gravado CHORA O MAR, un alegato contra a contaminación, da terra e do mar, e un chamado a un novo mundo, máis ecolóxico e respectuoso.
Chora o mar
Videoclip: Olih Conde (Oliconh)
https://www.youtube.com/watch?v=C86J1XBJ6Xc
Estrela furanchín
https://www.youtube.com/watch?v=fjb63Y6qEfg
O resto do repertorio poderase gozar ao vivo en canto se poida (xa non se atreven a emprazarnos até o verán).Mentras, ofrecen a través das Redes Sociais e do Youtube as súas primicias. A desfrutalas!
Fomos Namorare
asefemeras@gmail.com
ofondecon@gmail.com