O Ribeira de Louzarela Brindador da dentro

 


A través do libro-CD O Ribeira de Louzarela, brindador da dentro aproximámonos á microhistoria deste último brindador de Pedrafita do Cebreiro abrindo a porta a toda unha tradición dos cantos dialogados de voda. 

Con texto do filólogo e improvisador oral Kike Estévez e a análise musical de Pablo Bernárdez, este libro pertence á colección Chave Mestra d’aCentral Folque.

 

" Por mor do pasamento o pasado día 4 de agosto de 2020 do senlleiro Brindeiro Lourelan Antonio Río Montero "O Ribeira de Louzarela", o noso compañeiro da Asoación O.R.A.L. de Galicia, Kike Estévez (filólogo, investigador e improvisador en verso) adicoulle un breve texto lembrando a súa figura deste sobranceiro representante da Cultura popular Galega.

Lembramos que un brindeiro, o igual que un regueifeiro é unha persoa que é quen de manter unha controversia en verso, e que esta asociación sen ánimo de lucro, adicase a traballar pola posta en valor desta tradición equiparable a outras que se manteñen vivas en casi que tódalas culturas planetarias.
 
 
Agradecemosvos por anticipado o interese que vos tomedes nela.
Carlos Alonso.
Presidente da Asociación O.R.A.L. "

"0 derradeiro brindo do Ribeira 

A min chámancheme Antonio. Así te presentabas ante o teu público. Sempre con esa facilidade verbal, con esa sinxeleza e sabedoría que che daba a experiencia de tantas veladas improvisando versos, armado co teu chapeu e co teu eterno sorriso. Eu nacin en Louzarela; lugar perdido e agachado entre montañas, baixo a ollada, como dicía Novoneyra, dos tesos cumes do Courel e dos Ancares. Louzarela, aldea gala, bastión galaico da resistencia da nosa tradición oral, sempre será recordada grazas a ti, o "Brindeiro Maior da Serra", o "Brindador da dentro". Cuando era eu chiquitin; si, daquela foi cando aprendiches o oficio de brindar, con apenas 10 anos, do que non te separarías ata o derradeiro día. Era outra época. Guerra Civil. A morte dos teus pais. Tempos duros dos que había que saír coa testa alta e facendo comunidade da mellor maneira. Uns brindaban desde fóra e outros desde a ventana; aquelas vodas montañesas eran parte da vida courelá e ancaresa, unha especie de rito onde se producía algo máxico: reclamo de participación, críticas asumidas, alivio das tensións, divertimento e éxtase comunitario. Esto non o fai calquera; non era un traballo fácil: saír da casa ataviado para a voda sen estar convidado, percorrer pistas e corredoiras para chegar ao lugar da ceiebración. Vinte ou trinta quilómetros. Chegar, cantarlle aos noivos, aos padriños e a toda a comitiva da voda. Divertir a xente, ser respectuoso cos teus rivais e botar horas improvisando coplas ata a madrugada ou ata o día seguinte. Apréndolles a brindar; así Ile dixeches a Carlos Núñez no disco del en que participaches. Non foi no único: tamén naquela "Rapsodia de aires populares" de honra aos daquela príncipes do Estado. Que orgulloso quedaches desa. Ou cando fuches a Suíza: Centro Galego, Laussane, tratamento de xeneral. Foron moitas e moi boas. Non as esqueceremos. Aí! estate calado ho; así Ile dicías a Calviño de Tallo naquela disputa entre regueifa e brindo no 1° Certame de Regueifas disputado en Vigo e na Coruña. Xuntanza irrepetible entre as dúas tradicións. Sei que non che gustou. Retorcías os fociños cando cho recordaba. Pero foi histórico. Aquelas batallas verbais con Antonio de Xornes, Guillermo da Rabadeira, O Atrevido de Grixoa e co gran Calviño de Tallo quedarán gravadas na memoria das persoas que as presenciaron en directo e na de todas as que tivemos ocasión de escoitar as gravacións. Brindo e regueifa, auga e aceite. O ying e o yang do repente galaico. Marabilla oral improvisada. Nadie me parou os pés; nin uns nin outros puideron contigo. Nin a vella nin a nova xeración. Hai quen di que os regueifeiros de Bergantiños che deron unha boa malleira aquelas dúas xornadas hai vinte e cinco anos. Non foi así. Soubeches contestar, á túa maneira. Máis suave, máis doce, máis nobre. Oralidade sublimada ao extremo. Versificador supremo. Xa pasou a primavera; aló foi a primavera do brindo. Os paxaros brindadores xa non cantan nas vodas, o seu rechouchío en coplas redondas non se escoita desde hai moito tempo. As flores das brindeiras e das loistas xa murcharon onde vai. Pero ti fuches a prórroga. Ese tempo a maiores co que ninguen conta. Grazas ao cura Don Xesús ou ao gaiteiro Foxo, trasladaches esta arle dende os teus días ata os nosos. Sobrevivente, deixáchesnos o teu legado e o da túa xeración. Loh voun dar a despedida; como despedirse .ndo non saen as palabras? Nunca saberemos agradecerche todo o que nos aprendiches. Marchaches sen facer ruído e despedíndote dos teus e das túas. Como se do teu derradeiro brindo se tratase, fuches xenio e figura ata a fin. Grazas, mestre. Estrañarémoste. Botarémoste moito en falta. Boa viaxe e que a terra che sexa leve, Antonio Río Montero, O Ribeira de Louzarela, brindador da dentro:
Eu pensein que estaba solo 
Pero estoun acompanado 
Doulle-las gracias a todos 
Pola atencion que han prestado 

Antonio R. Montero, 0 Ribeira de Louzarela (Louzarela, 1987) ""