Pakolas Ramona Órbita a dona do tempo

 Libro-CD “Ramona Órbita, a dona do tempo”. 

Galaxia(2020)

 Pakolas xa conta co seu segundo traballo!!!!

Chega Ramona Órbita coa súa máquina cargada de rock and roll, disposta a percorrer os tempos para aprender a protexer a natureza!!! Neste novo libro contaremos e cantaremos con ritmo moi rockeiro a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega do Courel, posuidora dunha horta cibernética e unha perfeccionada máquina do tempo. Así levaranos de viaxe pola Prehistoria, o Medievo, o Renacemento, pola China Imperial, ou mesmo ao futuro, con moitas aventuras, personaxes e peripecias que gustarán por igual á xente miúda e a maiores. 

 

Escoitade en:


https://soundcloud.com/pakolas/ramona-orbita?fbclid=IwAR1qmK8K3MEvJzIVAID0tRpaUhS0G7vu-sjZXCTWg1-AIYuM8xdeD-Depvw

 

 

 

Betume e vendas


Gravado na  Sala Rebullón no CSCD As Pedriñas.

https://www.youtube.com/watch?v=SQ57rr7VTDU
 
Rock da roda rota

Lugar: Sala Rebullón no CSCD As Pedriñas.

https://www.youtube.com/watch?v=0cGQgdONLF0



Pakolas é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico, e tamén produtor de música pensada para @s mais cativ@s. Este é o nome que que lle gusta que o coñezan entre a poboación de curta idade. Ten longa traxetoria neste eido profesional, pasando por grupos como Mamá Cabra do que formou parte durante 10 anos, sendo fundador e formando parte de A Gramola Gominola na actualidade (compositor, guitarra e voz), e presentando tamén un proxecto individual e moi persoal para o público mais pequeno, “Pakolas”, que xa conta con un librodisco no mercado co mesmo nome (Nov 2017, ED Galaxia), e leva xirando coas súas cancións por toda Galicia dende o mes de Abril de 2017 cos seus espectáculos.

https://musicaengalego.blogspot.com/2017/06/fotos-pakolas-na-sala-rabullon-en-as.html

 

https://musicaengalego.blogspot.com/2017/04/fotos-pakolas-no-pazo-de-mos.html 

 

 

 DISCOGRAFIA PREVIA:


https://musicaengalego.blogspot.com/2016/11/pakolas.html

 

 

 

CONTACTO:

pakolas.cerdeira@gmail.com

 

Web : 
www.pakolas.com

 

Axenda : 

www.pakolas.com/axenda/