Airiños da Freba somos unha asociación cultural dedicada ao estudo, recolleita, investigación e divulgación da música tradicional da provincia de Lugo. O sexteto Airiños da Freba é un dos froitos deste traballo.
Para nós, a palabra freba, en contraposición á normativa febra, identifícanos coa provincia de Lugo. E, cando a aplicamos ás persoas, facémolo como sinónimo de coraxe, de bravura e valentía. Por iso, a xente comprometida coa nosa música e cultura tradicional considerámola xente frebuda.
A nosa proposta: unha divertida viaxe musical pola provincia de Lugo, principalmente polos anos 30, 40 e 50 do século pasado, cando cuartetos, quintetos e sextetos, diversos conxuntos que xa incorporaban outros instrumentos de vento xunto coa gaita, amenizaban as nosas festas; música tradicional interpretada á nosa maneira, para bailar e lembrar con saudade aquelas verbenas de roupa amidonada, o viño doce e "a coñá", aqueles campos da festa con ringleiras de "bombillas"...
Con grelos (2020)
Airiños da Freba consideramos que xa vai sendo hora de acompañar aquel O’de Lacón que vos demos a probar fai tres anos. E postos a continuar co “menú” de músicas inspiradas nos cuartetos, conxuntos, bandas e orquestras lucenses de mediados do século pasado, decidimos chamarlle a este segundo traballo Con Grelos. Poderedes comprobar que a colleita foi ben abondosa. Isto é debido ao gran tamaño e riqueza do “nabal” do noso patrimonio etnomusical, no que tamén incluímos a emigración en Barcelona e Arxentina. Agardamos que este gran “mañuzo” de pezas, que apañamos polas diferentes hortas lucenses, vos preste tanto como a nós e faga que saquedes as vosas mellores galas dos armarios para vir acompañarnos ás festas, polavilas, ruadas e filandós. Contamos con vós para o baile!
Temas:
1. Xota de Farruco de Murias
2. Moiñeira de Farruco de Murias
3. Agarrado de Farruco de Murias
4. Pandeirada da Carrucada
5. Pasodobre de Marentes
6. Xota de Liz
7. Muiñeira Festexeira
8. Polichinela
9. Xota de Emilio de Vilarón
10. Muiñeira de Emilio de Vilarón
11. Mazurca Vella de Santos da Armita e Mazurca Vasca de Otilio de Fernandín
12. Pasodobre dos gaiteiriños da Puebla e Polca do Pego do Pereiro
13. Muiñeira de Gerardo
14. Xota de Amador Casanova e Pasodobre dos de Eiriz
15. Vals do Chiquillo
Podedes escoitalo enteiro e mercalo en:
https://airinhosdafreba.bandcamp.com/album/con-grelos
Polichinela
https://www.youtube.com/watch?v=2ipev5fTKoU
O´de lacón (2017)
Unha divertida viaxe musical pola provincia de Lugo, principalmente polos anos 30, 40 e 50 do século pasado, cando cuartetos, quintetos e sextetos, diversos conxuntos que xa incorporaban outros instrumentos de vento xunto coa gaita, amenizaban as nosas festas; música tradicional interpretada á nosa maneira, para bailar e lembrar con saudade aquelas verbenas de roupa amidonada, o viño doce e "a coñá", aqueles campos da festa con ringleiras de "bombillas"... 100% O'de Lacón.
Temas:
1. Pico
2. Xota valseada dos Vilaboas
3. Foliada de Lóuzara
4. Foliada de Monforte
5. Pasodobre do cuarteto de Seixón
6. Xota dos Carteiros
7. Mazurca e muiñeira dos Fros
8. Rumba dos Fros
9. O Estraperlista
10. Pasodobre dos Vilaboas
11. Xota dos de Maderne
12. Rumbas dos de Eiriz e da Veiga de Logares
13. Muiñeira de Ancadeira
14. Valse da Proba de Burón
Podedes escoitalo entreiro e mercalo en:
https://airinhosdafreba.bandcamp.com/album/o-de-lac-n
Actor: Antón Durán "Morris"
https://vimeo.com/226385969