De Botóns

Pedro Pascual e Carlos Quintá presentan-nos o cancioneiro DE BOTÓNS, con pezas recollidas e arranxadas dentro dun proxecto editorial ambicioso no que adaptan máis de cen cancións do repertorio popular galego para o acordeón diatónico. 

Así, escoitaremos en clave actual, desde maneos de Bergantiños a rumbas do Caurel; desde pezas do repertorio de violín de Florencio dos Vilares, a mazurcas dos Irmáns Moreira ou o xenuíno repertorio histórico dos Dezas de Moneixas. 

 

O libro ten un gran interese divulgativo,  as procedencias, fontes ou cancioneiros históricos das distintas músicas e do apéndice de fotografías históricas.

 

O libro "de Botóns" (así se lle chamaba ao acordeón diatónico en moitas zonas da Galiza) consta dunha selección moi escollida de repertorio galego adaptado a este instrumento. Un traballo escrito con perspectiva de xénero