PACO NOGUEIRAS Extra!


Extra! (2020)


O novo libro-CD editado por Kalandraka 

ww.kalandraka.com

Texto e música de PACO NOGUEIRAS

Ilustracións de MARC TAEGER

 

 

 

 Extra xa está aquí, é o teu xornal.As novas máis curiosas, sucesos especiais.Os temas máis diversos podes coñecer,os feitos máis recentes. Non os debes perder!

«Extra!» é a nova obra de Paco Nogueiras logo de «Radio Bulebule» e de «Brinca vai!» (III Premio Martín Códax da Música - Infantil) que, trala súa publicación deron lugar a varios espectáculos cos que o compositor e intérprete percorreu festivais, escenarios e escolas detodaGalicia.

 

O autor volve recuncar nos medios de comunicación. Nesta ocasión, a prensa escrita- coas 12 cancións deste novo libro-disco ilustrado por Marc Taeger que, ademais, conta co apoio dos videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo. Os temas dispóñense como nun xornal con distintas seccións onde cada composición aborda noticias nacionais e internacionais, sucesos,información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.

Fiel á frescura do seu estilo e á súa conexión co público infantil, o autor coida as letras das composicións e as melodías, que destacan polos ritmos modernos, pegadizos e bailables, invitando á participación do público.

Marc Taeger desdobra a figura de Paco Nogueiras en numerosas e divertidas facetas, cheas de colorido, dinamismo e expresividade. Sempre cos seus característicos lentes e co inseparable chapeu azul, o protagonista convértese en repartidor e lector de periódicos, nun entusiasta cronista do mundo, ao ritmo da música. Porque a prensa é un valioso recurso na escola e no fogar para animar á escrita, á plástica creativa, para desenvolver habilidades lectoras, a curiosidade e a imaxinación, dinamizar a socialización e o traballo en equipo, os coñecementos tecnolóxicos...este traballo destaca pola súa versatilidade e o seu carácter lúdico.

“Superheroe, superheroína”

 https://kalandraka.tv/gl/videos/superheroe-superheroina-de-paco-nogueiras/?fbclid=IwAR3rNqwWhWg65YOI00F4qNMlWMLE5P-25sXjPwsJso5u-zSTzEC2RtqMX_E

 

EXTRA


https://kalandraka.tv/videos/extra-paco-nogueiras/?fbclid=IwAR3NiD_NH64egdHqu59M8ACW4illbu1A9BoEyTG3jJgASjyuwtlDItnC5so

 

 

 


Co gallo dasta nova publicación Paco Nogueiras desenvolveu tamén un novo espectáculo, que se presentará en terá 2 versións:

-A normal, onde vai só con tódolos seus aparellos e que se titula "Extra!" (igual co libro)







 

 

-A grande, onde o acompaña o ilustrador Marc Taeger, que ilustrará en directo as noticias musicais do espectáculo a través de proxección ao vivo. Este espectaculo titúlase "DOBRE Extra!"

 

 

 

 

 

 

 Marc Taeger
(Berna, 1963)
Estudou deseño gráfico en Barcelona. Afincado en Galicia, traballa como ilustrador e deseñador, con especialidade en animación, pintura, mural, escultura e arte gráfica. Expuxo a súa obra en Luxemburgo, Alemaña, China, España, Francia e Costa Rica. Recibiu o Premio Daniel Gil 2005 polas ilustracións e deseño en «A verdadeira historia de Carapuchiña» (KALANDRAKA), adaptada tamén con pictogramas para a colección Makakiños. Seguíronlle os álbums «Aquiles
o puntiño»,«Elefante comellón», «Garavanciño», «Artur», «Un máis», o libro-disco «Tic-tac» e o poemario «Ciudades».


 

MÁIS INFO EN:


www.paconogueiras.com

 

C O N T A C T O :

 

 

paconogueirasnodar@gmail.com

paconogueiras@gmail.com