Martín Maez naceu o 30 de maio de 1986 en Redondela (Pontevedra) . Despois de formarse en canto moderno e arte dramática en varios centros de Galicia en 2009 comeza a súa carreira profesional dentro do musical “El libro de la Selva” de Barceló Producciones, onde interpretou o papel de Mowgli durante 6 tempadas.
Grazas a esa obra, Martín comeza a facerse un oco dentro do panorama artístico nacional. Forma parte dos elencos de “Pocahontas, el musical”, “El Patito Feo” e , en 2015 incorpórase a compañía galega Teatro Avento Producións.
Hábitat (2020)
Neste traballo, integramente en galego, Martín Maez compón non só ao amor e desamor se non que indaga noutros temas con maior implicación social.
Habitat é un disco autoeditado e producido por Celso Madriñán, Quico Bea e Anxo Fernández. Esa variedade na produción de cada un dos temas aporta un toque de variedade, propio de calquera hábitat coñecido onde as diferentes especies conviven en harmonía nun mesmo entorno.
Temas:
Compaixón
Eu non quero (con Julia Rodrigues)
Deixaos falar
Vendabal
Ardendo
Impulso (con Rocio Salgado)
O disco atópase nas principais plataformas dixitais e podedes mercalo en formato físico en:
https://habitat.martinmaez.com/