CARMEN PENIM Cantos de terra e sal

 

Carmen Penim cultiva coa mesma paixón a terra, a música, as palabras ou a cociña. As súas paixóns e puntos fortes son o feminismo, o galeguismo, a ecoloxía e o veganismo, ideas coas cales se compromete a fondo:

Carmen Penim é o nome artístico de Carmen Pérez Fernández. Naceu nunha aldea do Couto Mixto, na fronteira de Ourense con Portugal. Despois dunha infancia en Holanda, estudou Filoloxía Hispánica na USC e doutorouse pola Uned en Educación. Ensina desde fai máis de vinte anos en institutos de Galicia, estando destinada tamén en Italia 6 anos, onde despois de moitos anos como autodidacta, por fin atopa a ocasión de estudar canto coas mellores maestras da provincia de Turín. Alí formou o seu dúo 2naFronteira xunto ao pianista italiano Maurizio Polsinelli, que aínda hoxe a acompáña no escenario e na vida, vivindo e cultivando horta e música na comarca do Morrazo.

Cantos de terra e sal (2020)

Dende nena na casa da avoa paterna, Carmen Penim tivo a sorte de escoitar os vellos romances, mestura de galego e castelán, traídos polos antigos seitureiros que saían traballar a Castela.

As festas populares como os “ fiadeiros” e as súas melodías cantadas e tocadas pola gaita e o acordeón, imprimíronse nela a lume.

Na súa familia hai grandes voces que nunca chegaron a profesionalizarse dada a pobreza económica daqueles tempos, nos que se fixo imperioso emigrar.

Aínda que desde sempre influenciaron a súa maneira de compoñer, están agora atopando un protagonismo especial no seu traballo CANTOS DE TERRA E SAL, no que realiza versións fusión deses cantares escollidos de diveros cancioneiros, entre os cales as antoloxías de X. Lois Foxo.

Gravado, mesturado e masterizado por Fernando Campos en E-disco da Estrada no inverno de 2019 (interrumpido pola pandemia) e no verán de 2020.

Músicos:

Carmen Penim, voz
Maurizio Polsinelli, piano; e harmonio (en “La gallarda”)
Marco Foxo, gaita
Javier Rabanal, contrabaixo
Miguel Paz, percusión tradicional e batería
Noli Torres, batería en “Canta miña compañeira” e “Canto de seitura”
Lola Fernández Parada, percusión tradicional e segunda voz en “Canta miña compañeira” e “Canto de seitura”
Margarida Mariño, violoncello
Carmen Gallego, nickelharpa en “La gallarda”
Fernando Campos, segunda voz en “Ó Laurindinha”

Gráfica: Stabelimenti12

Produción: 2naFronteira

 

 

Canto de seitura: 

"A María da aira pondo a roupa a clareo"


https://www.youtube.com/watch?v=VlgRsJItRwc&feature=youtu.be

Vídeoclip realizado por Fon Cortizo

Danza: Diego Bouceta

Músicos: Carmen Penim, Maurizio Polsinelli, Noli Torres, JAaier Rabanal e Lola Fernández Parada.

Gravado na área recreativa do muíño do Fausto, Cangas.



Aí vén o barco do mar

 Imaxes de Xosé Iglesias que gravou escoitando no mar este tema do novo disco de Carmen Penim, que conta coa colaboración de Marco Foxo coa súa gaita

 
 

DISCOGRAFIA PREVIA:

Herdeiras, (2017)


"Moitos traballaron por recupera-los corpos dos paseados, e os nomes dos esquencidos. Tamén existen alguns proxectos para ecupera-los nomes delas, das mulleres que foron paseadas... Por loitar por uns dereitos laborais ou sociais que hoxe damos por escontado. Outras, por seren esposa, filla, irman... dalgún perseguido. Elas resistiron cunha dignidade inigualabel e souberon amosar unha solidaridade que debemos lembrar, xa que fai as nosas raices máis fortes."

https://musicaengalego.blogspot.com/2017/01/carmen-penin-heredeiras.html
 

 

Sons de Nós (2015)
 

musicalización da revista Nós (1920-1936) e os seus poetas. Estreado no Liceo de Ourense e interpretado en moitos auditorios da comunidade incluíndo a entrega do premio Otero Pedrayo ao escritor Xosé Neira Vilas na deputación de Pontevedra. Así como numerosos auditorios dentro das redes de música en directo da Xunta de Galicia.

 https://musicaengalego.blogspot.com/2014/10/2nafronteria.html

 

 

Zapatiños para Díaz Castro, (2014)

interpretado e presentado nos actos oficiais Letras Galegas do 2014 da
Xunta de Galicia, no museo Mihl de Lugo e na revista oral “Pazo das musas” da deputación de Lugo, Convento de San Francisco de Ourense, Auditorios de Redondela, Museo de Belas artes de Coruña, museo CGAC de Santiago, entre outros moitos espazos e auditorios.

https://musicaengalego.blogspot.com/2014/04/2nafronteira-zapatinos-para-diaz-castro.html

 

 

Alma, ( 2013). 

O disco contén  temas orixinais de Carmen Penim na música e aranxos musicais de Maurizio, con textos de: Paz Andrade, Pessoa, García Lorca, Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro, Manuel Rivas e Alfonso Láuzara. Ademáis contén o tema “Nana do Couto Mixto” orixinal de Carmen tamén na letra.

https://musicaengalego.blogspot.com/2012/07/2nafronteira-alma.html

 

 

Humo en los ojos, Italia (2011).
 

 

 

 

 

WEB:

https://carmenpenim.es/ 

 

CONTACTO:

2nafronteira@gmail.com