VERTO

VERTO son dous rapaces máis ou menos de Santiago que fan, antes ca nada, música Pop, da moderna, da de agora. Teñen influencias do trap e do R & B máis actual, pero miran con ansia cara a música dos 80. Levan moi pouco tempo, concretamente dende novembro do 2019 que estrearon o seu primeiro single “Amolecer”. Dende aquela acumulan unha media de 33.000 oíntes mensuais en Spotify. Segundo eles mesmos din, non lles gusta tomarse tan en serio. Só queren facer música que lle faga bailar ós colegas. Só queren facer temazos con moito autotune e coa maxia que ten gravala na habitación de Fer, e con iso, ser capaces de chegar a todo o panorama estatal. Digamos que o seu é “Puro Ocio”. 

 

Embora (2021)

14 cancións nas cales fan gala da súa capacidade para crear himnos do pop electrónico para toda unha xeración de rapaces.

Portada e animación do Paulinho aka mundo X

Gravado, producido e misturado por Fer na súa habita.

Masterizado por Cem Oral en Jammin’ Masters en Febreiro de 2021.

Segundo eles mesmos din, non lles gusta tomarse tan en serio. Só queren facer “temazos con moito autotune” e coa maxia que ten gravalos na habitación de Fer, pero o certo é que VERTO convertéronse en pouco máis dun ano nun auténtico fenómeno para a música en galego, un fenómeno avalado por unha inmensa lexión de fans que medra máis e máis a golpe de “gústames” comentarios e publicacións compartidas nas redes sociais.


 Morderte

https://www.youtube.com/watch?v=ajihAZp34BI
 

Co puto mel nos beizos

https://www.youtube.com/watch?v=2IjcwQpvtmQ
 

 

Todo o que che din

Video e portada de Mundo X

Gravado, producido e misturado por nós na habita de Fer. 

Masterizado por Cem Oral en Jammin’ Masters en Febreiro de 2021.

 https://www.youtube.com/watch?v=cTW72nSWcNg

Discografia previa:

Algo que non sexa

https://www.youtube.com/watch?v=GlorWfxsrI4

 

Rebolando x Ti

https://www.youtube.com/watch?v=BGOVtGGHPzk
 

Como son Goku

letra inspirada en "Lume" de Fø Records

 https://www.youtube.com/watch?v=E039eceHh8M

Pegadiño a ti

https://www.youtube.com/watch?v=rutmehHu7Fk

Dálle

https://www.youtube.com/watch?v=UNaNNbyn4KY

Amolecer

https://www.youtube.com/watch?v=5QtWMZ0Gv9c

Puro Ocio

https://www.youtube.com/watch?v=Z6GNvD-Uxrc

Oie Gayego

https://www.youtube.com/watch?v=96VIb1dcVHU
 


Contratación/propostas: 

info@tremendoaudiovisual.com