XURXO FERNANDES

Creador e artista coruñés cunha extensa traxectoria no ámbito da etnografía e das músicas de raíz. Como intérprete é unha das voces máis singulares do panorama actual, capaz de innovar minuciosamente desde a tradición grazas ao seu vasto coñecemento da creación popular colectiva que desenvolve desde mozo.

Como músico e intérprete, crea e forma parte de Radio Cos, proxecto musical co que publica dous discos -Sete cuncas (2013) e Pasasatempo (2017)-. Coa banda, Fernandes ofrece concertos en escenarios de Reino Unido, Francia, República Checa, Polonia ou Malasia, entre outros países.

Nesta última década Xurxo Fernandes dirixe outro proxecto musical colectivo, Pandeireteiras sen Fronteiros (Pan Sen Fron), unha proposta nada na Coruña coa finalidade de expandir e irmandar os ritmos e as percusións galegas coas tradicións e sonoridades tradicionais de países como Romanía, India, Marrocos ou Italia, entre outros destinos.

Tamén no 2019, desta quenda acompañado por Pedro Lamas, o dúo lanza un EP nomeado Altalaplana, no que achegan a súa versión de pezas tradicionais.

Mais no ámbito internacional Xurxo Fernandes é recoñecido polo seu sorprendente proxecto Jako el Muzikante, que rescata o ambiente dos cafés amán propios dos anos vinte do século XX. Espazos nos que gregos, turcos, armenios e sefardís descendentes dos xudeus expulsados de España no 1429 se reúnen de xeito clandestino para cantar.

 
Levaino! (2021)

“Levaino! é unha viaxe de autorrecoñecemento. En Galicia temos un fondo vínculo e moi emocional co mundo celta a través da gaita, pero a nosa tradición oral está desconectada do seu entorno natural. E este non é Norte, senón o Mediterráneo. Con Levaino! queremos tender pontes entre Galicia e o Mediterráneo oriental a través da creación popular colectiva”.
(Xurxo Fernandes)


 

 

 

 

 

O músico e investigador Xurxo Fernandes aúna en Levaino! as dúas vertentes creativas que conforman a súa traxectoria. Por unha banda, a do recoñecido etnógrafo da música de tradición oral galega, da que beben proxectos artísticos como Radio Cos. Pola outra, a do entusiasta intérprete da música urbana dos xudeus do Imperio Otomano, eixe vertebrador do seu sorprendente Jako el Muzikante.

Levaino! é a representación desa dualidade que comprende Xurxo Fernandes. É un revelador xogo de espellos no que Galicia e Oriente se reflicten e que, por vez primeira, o artista amosa nun suxerente traballo discográfico.

Levaino! achega unha visión única sobre as músicas de raíz e de creación colectiva, na que os sons máis arcaicos dunha Galicia primitiva mistúranse co exotismo oriental. Trátase dunha proposta exquisita, dotada dunha sonoridade peculiar e repleta de virtuosidade que Xurxo Fernandes completa cunha voz cálida, potente e chea de matices e expresividade. A tradición oral galega, acompañada dun instrumento representativo desta como é a pandeireta, é a base e o punto de encontro de creacións sonoras que se nutren doutras tradicións, acompañados de arranxos modernos e dunha instrumentación moderna que se introduce dun xeito natural.

Xurxo Fernandes presenta doce temas recollidos polo propio artista en Coristanco, Samakov, A Mezquita, Salihli, Tordoia, Larache ou Tel Aviv. Con eles, Levaino! percorre unha ducia de paisaxes sonoras pouco coñecidas, que comezan no Mediterráneo Oriental e que rematan en Galicia, que explicitan e manifestan os vínculos entre ambas culturas e tradicións orais. Sonoridades que, se cabe, resultan moito máis próximas do que semellan no inicio.

LEVAINO!

Dirección: Xaime Miranda

KAITO ESTUDIOS 2021, A Coruña 

https://www.youtube.com/watch?v=3bUV5Pa-gvI&t=3s
 

Músicos

Xurxo Fernandes - Voz e pandeireta

Pedro Lamas - Dulzaina, gaita e saxo

Rafa Morales - Baixo

Roberto Comesaña - Teclados.

Rubén Montes - Percusión.

Pandereteiras sen Fronteiros (PAN.SEN.FRON.) - Coros

Dirección musical:

Pedro Lamas

Arranxos:

Pedro Lamas/ Xurxo Fernandez

Gravación e mestura:

Rubén Montes/ Estudios Disquesi (2021)

Deseño gráfico:

Cinzagrafica

Levaino! é un traballo autoproducido polo propio Xurxo Fernandes.

 

 

Contacto de prensa 

The Office Comunicación

 Lucía Pita e Luisa Castiñeira 

lucia.pita@theofficeco.es - luisa@theofficeco.es