E desas ideas iniciais naceu o grupo Comando Curuxás, que está formado por Alberto Núñez ao acordeón diatónico, Pablo Pardo «Pacior» na frauta traveseira de madeira e saxo soprano, Miguel Anxo López nas percusións, Pablo Pascual ao clarinete baixo e Serxio Núñez ao clarinete, pandeiro gaita e voz.
O son de Comando Curuxás lembra ás antigas romarías, e soa coa intención de que o público se divirta, que goce coa súa música e que baile.
No entroido do ano 2020 os cinco integrantes de Comando Curuxás decidiron darlle vida ao seu primeiro traballo discográfico.
Comando Curuxás (2021)
Gravado e masterizado por Carlos Quinta en Ois Pequeno ,Lalin no antroido de 2020. A gravación foi realizada todos a unha para que teña ese son a música ao vivo que é como máis se vai disfrutar.
Fandangos, rumbas xotas, muiñeiras e outros ritmos bailables para disfrute de todas e todos. Si señora para vostede tamén, saian todas e todos ó torreiro da festa que o Comando Curuxás vai comezar a tocar !!!
O deseño foi cousa de Reni
E as fotografias correron por conta de