Grupo Regatos

 

O Grupo regatos esta composto por:

Martin Carballo                  Tamboril e shaker

Miguel Calviño                   Bombo

Emilia Silva                        Pandeireta e voz

Mari Carmen Rodriguez      Pandeireta e voz

Manuel Brey                       Adufe e voz

Gabriel Silva                       Acordeón

Martin Dono                      Guitarra Cunchas e voz

Jose Tato                           Gaita, frauta e voz

David Calviño                      Gaita e voz

Silvia Taboada                    Gaita e voz


A cousa do Grupo Regatos  comeza... 


... fai máis de 25 anos, cando uns cantos amigos quedabamos os venres á noite para tomar uns viños e cear, e como non, rematar a noite botando unhas pezas. Todos tiñamos paixón pola música tradicional, pero pouca formación, ou ningunha. Por iso, decídimos que ó mesmo tempo que o pasabamos ben, podíamos asístir a clases de gaita para poder vivilo dunha maneira... algo máis profesional.

 
Pouco a pouco, ó noso arredor fomos sumando a coñecidos/as que xa tiñan certa experiencia no mundo da música, e así, ao cabo dun tempo, decidimos crear un grupo de música tradicional ao que lle puxemos por nome o dun rcgato que pasaba preto do lugar dc ensaio. Durante estes anos de traxectoría, foron cambiando tanto o nome como os compañeiros e compañeiras do grupo, e dende 2008, uníronse á formación algunhas integrantes de "Soalla" (pandereteiras) co fin de comezar a incluír no repertorio pezas cantadas, chegando así ata o día de hoxe como o que vedes, o "grupo Regatos". 


Ao mesmo tempo, a raiz das primeiras actuacións, e dada a inquíetude por difundir a música tradícional e darlle visibilidade ás formacións dos arredores, os membros do grupo e os vecíños/as da parroquia de Callobre, decidimos organizar un festival de música da nosa terra, o "Folk de raíz" ( acabamos de celebrar a XX edición) e tamén, as foliadas chamadas "Noites de raíz". 


Por todo isto, e despois de tantos anos implicados neste mundo, decidimos gravar este trahallo e poder compartír con todos vós, todo aquilo que nos define, todas esas cousas que tiñamos gardadas que nos apaixonan... 

...en defenítiva, todas as....

 

Cousas Nosas (2021)

Temas:

Alalá mariñeiros

Vals para Silvia

Coplas de Rebordelo

Loliña

Cantar do arrieiro

Pasodobre de Callobre

Foliada de San Tirso

Alalá das Mariñas + xota da Guia

 

 

Gravado por Tomás Ageiros  Estudios A Ponte

Masterizado por Arturo Vaquero Abrigueiro Estudios

Fotografia Pixelínphoto


Imaxe gráfica e-ló?=_estudio

 

 

 

 

 

 

Este disco NON se atopa nas plataformas dixitais, e foi editado en formato físico para unha escoita tradicional !!!

Podedes acadalo póndovos en

 

CONTACTO:

 

gruporegatos@gmail.com

 


ou na páxina oficial do grupo no facebook :

  

 

https://www.facebook.com/profile.php?id=100063462783978