Secho está aquí para ficar nun lugar destacado da música do país, e sobran os motivos para entre todas poder celebralo. Nestes días estraños onde as cousas pequenas cotizan alto na bolsa de valores do tanxible, el exerce de ourive dun universo onde o seu facer son notas que viaxan nunha jukebox ao noso rescate.
A súa música emerxe como esa compañeira necesaria que pon banda sonora ás nosas biografías: constrúe memoria, sentimentos, sensacións, fuxidas, soños e tamén as outras vidas que decidimos non vivir.
Parado no aire
Secho ft. Fanny & Alexander
https://www.youtube.com/watch?v=RsCgBRWpxsY
Para o autor, este novo traballo “supón a necesidade de contar as cousas que acontecen no momento que vivo.
Mostrar as cancións cun son máis limpo que anteriormente e máis convencido do traballo.
O disco móvese nos medios tempos, melodías simples e unha mensaxe clara na que trato de contar unha situación, xerar imaxes que nos transporten e desfrutar da música a través dos sons puros”.
Para este disco contou coas colaboracións de Guadi Galego, García Mc e Sabela Galván.
• Guitarra acústica e voz: Secho
• Baixo: Lois Carlín
• Batería e percusión: Dani Riveiro
• Guitarra eléctrica: Tomás Porteiro
• Trombón: Manuel Espiño
• Harmónica: Ramón Figueira
Cancións:
As cousas pequenas
Falando un pouco de ti
Un Ironman
As películas de medo
29
Recuperar
Jon Snow
Un canta e outro escribe
As sensacións
Non nos volvemo máis
Correr diante dos grises
A arte do disco é de David Cuence.