📷 por Lorena González
Tulip son un grupo vigués de indie pop integrado por Óscar Raña (Dois) e Marta González (Wild Balbina).
«O proxecto naceu entre os dous, o primeiro ano simplemente pasabámonos ideas de temas como audios de whatsapp e ensaiabamos nun faiado cos medios de andar pola casa. Aínda así, sen ter moi claro ata onde ía a ir todo nun principio, gozamos moito da composición deses prototemas e andabamos con ilusión co que empezaba a saír. Despois dese tempo falamos con Nico (Fantasmage/Selvática) e Miguel (Mvnich/Wild Balbina) para converternos nun grupo dos de verdade. Ao completar e finalizar as cancións xa como grupo, gravamos o noso primeiro EP con Miguel, publicámolo no 2018 e presentámolo ao concurso de maquetas Autoplacer dese ano, coa sorte de acabar gañándoo. Iso deu pé a seguir preparando temas coa idea de publicalos xa neste disco, que xunto coa gravación foi o que fixemos durante este tempo. A verdade é que os nosos ritmos de traballo son moi naturais: intentamos ir adaptándonos ás nosas posibilidades e tamén por iso os tempos rematan dilatándose máis do que nos gustaría. A gravación do disco é a evidencia: comezamos en agosto en 2019 e non rematamos ate un ano despois (a COVID tamén tivo moito que ver, claro)».
Estrelas no chan (2021)Cuberta de Estrelas no chan © Óscar Raña
No mes de abril do 2021 publicouse ‘Estrelas no chan’, primeiro LP de Tulip.
Gravado e mesturado por Miguel Bianchi en 2020.
Masterizado por Pablo Iglesias (Radar Estudios, Vigo).
Estrelas no chan emerxe tremendamente homoxéneo, cunha atmosfera moi cromática, do pop tropicalista ao dream pop. Soa coma se, ademais de escoller ben as cancións, houbese unha liña de identidade xeral buscada no mesmo momento da composición.
Estrelas no chan conén temas en inglés, castelán e galego. e podedes escoitalo enteiro nas plataformas dixitais. https://tuuulippp.bandcamp.com/album/estrelas-no-chan
DEIXA ESTA DOR
https://www.youtube.com/watch?v=ZadeXY6FEXY
Estreado en exclusiva en A que cheira papa
(http://aquecheirapapa.com/deixa-esta-dor-estreamos-en-exclusiva-o-novo-single-de-tulip/?fbclid=IwAR1t0WVsltLTs8fiSYDoZQdAzKRC769Qmn9rjK5ieKMOvJCKMx9ZIW4oa1g)
No futuro «Seguramente vaiamos incorporando máis elementos electrónicos ao noso estilo e fagamos máis temas en galego… mais de momento non hai nada decidido! Auguramos que haberá cambios dun xeito ou outro, iso seguro».
Texto extraído do artigo adicado a Tulip en Vinte vinte@praza.gal realizado por: