Xosé Iglesias - Buxán

 



Xosé iglesias Buxan, nace no Castelo. Unha aldeíña do concello de lalín.

De moi novo comenza a cantar no coro de Lalín, e organiza, xunto cuns amigos, cantos polas tabernas das parroquias lalinenses.

Nos derradeiros anos setenta e comenzos dos oitenta, acompaña en moitos concertos ó grupo Xorimas, e comparte esceario con grupos como Dhais, Verbas Xeitosas e Fuxan os Ventos, pero sobre todo, con Suso Vaamonde, o seu gran amigo. Amizade que perdura cos seus irmaus ata o dia de hoxe, participando en todas as homenaxes que se lle tributan a Suso.

Tamén, e xunto coa súa zanfona, se adíca a percorrer feiras e prazas cantando romances e cantigas de cego, a súa gran paixón. Ten un blogue con cantidade de contos tradicionais, (https://joseiglesiasfernandez.wordpress.com/category/romances-cantares-de-cego-e-cantigas-tradicionais/ ), romances e cantares de cego recolleitos ó traveso dos anos, amais un cento deles feitos por él mesmo.

 https://joseiglesiasfernandez.wordpress.com/

Leva moitos anos como cantautor, compoñendo para outros músicos galegos, e para el mesmo.

Na actualidade, colabora con varios grupos de Pontevedra, dirixe un grupo adicado ós cantos de taberna, e da concertos como mais lle gusta facelo: Solo coas súas guitarras e a súa voz.



Cantiga de amor

Letra e música de Xosé Iglsias- Búxán

https://www.youtube.com/watch?v=u-WOEZXZ-qk&t=69s 
 


CONTACTO:
 
 cima.candan@gmail.com