LaMontagne & PicoAmperio


 

 Co seu imaxinario electrónico, LaMontagne & PicoAmperio continúan a destruír fronteiras temporais e estilísticas e abrindo novos camiños neste proxecto multiforme a través do hip hop, o abstract ambient, o folclore, melodías suaves ou atmosferas rascadas

Dende que LaMontagne e PicoAmperio comezaron xuntos a súa andaina no 2019 sempre se caracterizaron pola intertextualidade e pola súa conexión entre poesía e música, case hipnótica, concibindo as cancións como “textos completos que existen para descifrar” e tamén como “unha resposta á cultura herdada”. Alí onde se fusionen a vangarda e a tradición atlántica estará sempre seu punto de encontro, sendo capaces de establecer pontes coas literaturas de antano para traelas de volta ao presente a través de sons futuristas e tecnolóxicos. Entre os seus recoñecementos destacan o Premio Martín Códax da Música ao mellor proxecto de “músicas urbanas” e o primeiro posto nas listas demoscópicas 2019 de Mondosonoro, que só dan boa mostra de que a súa imparable expansión é unha viaxe sen retorno que xa comezou.



Porque No Mundo

Adianto do que será o seu primeiro disco, “Algo que sinalar”
 
A peza audiovisual, corre da conta de Trece Amarillo e foi filmada en lugares como Guitiriz, a aldea de Aceredo, Ribadumia, Carboeiro ou Santiago de Compostela, é para LaMontagne & PicoAmperio “similar ao relato dun videoxogo”, contan, “porque está situada nun escenario distópico e conta con elementos de búsqueda, consello e fase final, só que neste caso esa fase final non se supera e a protagonista cae na súa propia desesperación. É moi potente esteticamente”.
videoclip dirixido por Diego M. Barcia e Diego Santaclara

Produción - Trece Amarillo

Vestiario Laura & Pedro - Mericosturitas

Produción: PicoAmperio

Rec, Mix: PicoAmperio

Máster: Ibón Larruzea "Euridia"


LaMontagne & PicoAmperio
Banharemonos nas Ondas

videoclip dirixido por Alba Domínguez

Música: LaMontagne & PicoAmperio

Letra: Laura LaMontagne

Produción: PicoAmperio

Rec, Mix: PicoAmperio

Máster: Ibón Larruzea "Euridia"

https://www.youtube.com/watch?v=ukTzo4oLAsk


CONTACTO:



Comunicación:

Andrea Villa | 667683551 | andrea@nocomun.com

Marcos Gendre | 722310194 | mifune1010@hotmail.es