Los Tamara

 



Los Tamara foron unha banda de pop formada en Noia que foi enormemente popular nos anos 60 e 70, facendo unha nova forma de música popular galega, incluíndo novas influencias do Soul e o Rock, arranxos audaces e moitas letras en galego, incluíndo poemas dos grandes escritores nesa lingua.

Como dixo Pudencio

"Los Tamara formáronse para poder saír de España e poder traballar no estranxeiro, xa que daquela o traballo en España era bastante limitado. Había que parar toda a coresma e non era posible que os músicos traballasen. Durante a semana santa naqueles días non se tocaba máis que música relixiosa nas emisoras de radio e todo iso. Non había bailes, non había festas e entón os músicos quedaban sen traballo; para evitar isto, decidimos formar un grupo que puidese tocar todo o ano e a solución era marcharse ao estranxeiro".


En 1964 gravaron por vez primeira pop en galego "Galicia, terra nosa", iniciando un estilo popular enraizado na música e, sobre todo, na poesía galega, que lles daría grandes éxitos nos setenta.

 

Galicia terra nosa

https://www.youtube.com/watch?v=FzYyFRFHLOw

1970 

Na fermosa Galicia (1970)

Este foi o primeiro disco de Los Tamara despois de 12 anos de traxectoria. A carpeta do disco está deseñada por pergameos do século XIV. O álbum inclúe 12 cancións, todas elas en lingua galega, incluíndo poemas de Rosalía de Castro ("Airiños, airiños aires", "Adiós ríos, adiós fontes" e "Pensamentos"), Curros Enríquez ("O vello e o sapo (Nocturno)") e Francisco Añón (“A Galicia” e “A enfermedade d'Añón”).

A dirección musical correu a cargo de Ramón Farrán e Prudencio Romo, quen ademais compuxo os temas “O home e a terra” e “Consellos”


Adiós ríos, adiós fontes

https://www.youtube.com/watch?v=i6V7ZyhI7do
 

 
1971

Galeguiño

https://www.youtube.com/watch?v=aiyogoeKWqg
 

Toca o pandeiro Manoel

https://www.youtube.com/watch?v=scU0TcUizaQ