OS CARUNCHOS


OS CARUNCHOS son:

Luis 
 Voz, Gaita, Zanfona, Requinta e Percusion.

Pablo
 Voz, Gaita e Acordeon.

Gabi 
Voz, Gaita, Clarinete e Percusión

Juan 
Voz e Percusión.

Isaac 
 Voz e Percusion.

Os Carunchos é un grupo de música galega nacido no ano 1994 coa idea de mesturar temas cantados con pezas de gaiteiros solistas e que foi conformando un amplo repertorio no que os temas de nova creación, así como as versións musicadas de poemas referenciais da literatura galega adquiren un enorme protagonismo. Coplas vellas e novas, poemas de autores como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Blanco Amor, Manuel María... Melodías de ritmos, tonalidades e instrumentacións variadas... Nos seus directos ofrecen unha interpretación actual da música galega sustentada na variedade de timbres e tonalidades sen esquecer nunca as orixes e sempre intentando crear un ambiente de festa en que o público se sinta partícipe.

Levan publicados os seguintes traballos discográficos:

«¡Ala, que vai!» (1998), ¡Sen tempo non era! (2002), «Montealegre» (2005), «En galego» (2009), «Ti que?» (2013), «Cantares» (2017), «Lingua de xigantes» (2021) e «Unha gorxa chea de paxaros» (Xerais, 2024), libro-disco de celebración do seu trixésimo aniversario no que homenaxean a Manuel María, o gran poeta chairego, reinterpretándoo dende a tradición, a música popular, e imprimíndolle o seu inconfundible selo.



DISCOGRAFIA :


Unha gorxa chea de paxaros. (2024)

Os Carunchos cantan a Manuel María



Neste libro disco Os Carunchos renden homenaxe ao poeta Manuel María musicando unha selección dos seus poemas. Neste ano 2024, Os Carunchos celebran o seu trixésimo aniversario: trinta anos de música en galego. Cun texto de Xurxo Souto, onde o escritor e músico fala da importancia de Manuel María para a música de Galicia e outro de Xaneco Tubío, que fai un percorrido pola traxectoria de Os Carunchos.

Ilustrador/a : Laura Romero

Edicións Xerais

Temas:

A fala
Fábula
A poesia
As árboresda cidade
O poder de esquecer
Dorna
Florencio da fontaneira
Carballesa soñadora
Galiza Pastor
A gaita
Tríadas dos soños
Poemas ao outono


Tríadas dos Soños

Direción e montaxe: Gabi Vacaloura

Cámara e animación: Sandra Romero e Víctor Rívas

Deseño artístico: Isaac Teniente

Mestura de son: Isaac Millán

https://www.youtube.com/watch?v=5Gq8RZxw7TI
 


Lingua de Xigantes (2021)


"Son santos e diaños, guerreiros ou gaiteiras, inimigos, raiñas, ...
 
Son imaxinación, 
 
Son as razas do mundo,
 
Son a autoridade e o lecer,
 
Son superstición,
 
Son sabias, poesía, baile e diversión.

Son homes e mulleres... 
 
SOMOS NOS. !!!

E, SE PUIDERAN FALAR.....  IMAXINAS A SÚA LINGUA?"


En lingua de xigantes, os carunchos agasallannos con 18 pezas nas que, unha vez máis, a reívindicadón social e o compromiso coa nosa cultura e medio natural, son elementos icientitarios e irrenunciables.

Este séptimo traballo discográfico conten un amplo repertorio no que as pezas de nova creación collen grande protagonismo. Coplas vellas e novas, poemas de autores referenciais como Rosalia, Celso Emilio, Eduardo Blanco Amor, ,„xunto con melodias, ritmos, tonalidades e instrumentacións varíadas, conforman esta viaxe. Sempre cunha mirada actual, mais sen esquecer de onde veñien.

Gravado e mestuirado por Isaac Millan 

Deseño de Isaac Teniente
 
TEMAS :
 
 
1. SABELIÑA
2. ANGORÉN
3. MESES DE INVERNO
4. LINGUA DE XIGANTES
5. NOVA CANZÓN DE AMOR
6. MUIÑEIRA DO CALDIÑO
7. AS PERAS
8. ESTRELA
9. MUIÑEIRA DE ARNELES
10. VALDOVIÑO
11. MARIÑA
12. CANTARCIÑO NOVO
13. FOLIADA PEQUENA
14. LUMES NUNCA MÁIS
15. ZAMBURIÑA
16. O MUÍÑO
17. AVIVAINO
18. DERRADEIRA VONTADE DE FUCO BUXÁN

Distribue: Inquedanzas Sonoras 
 
Fotos na Sala Rebullón no ano 2020
 
 
 
DISCOGRAFIA PREVIA:
 
 

Cantares (2016)

Agora mesmo celebrando os seus 20 anos de vivencias... Os Carunchos presentan o seu sexto traballo discográfico.


OS CARUNCHOS ofrécennos CANTARES, novo traballo discográfico con 17 pezas, o sexto na sua longa traxectoria adicada a música tradicional.

Como sempre, móvenos a necesidade primaria de facer e compartir música galega para o baile e a festa, así como ofrecer a nosa pequena achega ao repertorio gaiteiro.

Melodías cantadas ao redor (unha vez máis) da poesía popular, de letras propias e, máis que nunca, nadas da necesidade de musicar aos poetas. Rosalía, Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana, Manolo Pipas e Carlos Fontes están presentes en temas pendurados dos fíos trenzados da nosa tradición musical.

Nos nosos directos queremos amosar a nosa interpretación da música galega popularl, sustentada na variedade de timbres, tonalidades e ritmos da nosa música, da poesía popular, dos vellos e novos romances. Querendo facer da nosa actuación unha verdadeira festa na que o público poida sentirse partícipe.

Fotos na Sala Rebullon no ano 2019

https://musicaengalego.blogspot.com/2018/02/fotos-os-carunchos-na-sala-rebullon.html

 

Fotos en As Cortellas Musicas Polo Monte n o ano 2018

https://musicaengalego.blogspot.com/2017/03/fotos-os-carunchos-en-as-cortellas.html


Fotos Os Carunchos en Mos no ano 2017

https://musicaengalego.blogspot.com/2016/11/fotos-os-carunchos-en-mos.html

Fotos Os Carunchos no Bar o Cruceiro en Chapela (Redondela) na presentacions de Cantares no ano 2016

https://musicaengalego.blogspot.com/2016/01/fotos-os-carunchos-no-bar-cruceiro-en.html
 

 

 


  ti que ? (2013)

Os Carunchos cumpren 18 anos con novo disco, neste quinto traballo discográfico ofrécennos a súa música tradicional, sempre comprometida no social, cultural e coa natureza. Combater desigualdades, inxustizas que a todos nos desacougan acotío, pero sin deixar  a troula, o baile, e a festa que tanto os define.


Autoeditado co selo Pai Musica e distribuido por Inquedanzas Sonoras este quinto disco de Os Carunchos gravado en Casa de Tolos presenta temas que na súa maioría son de composición propia e que falan de temas de actualidade. 

Os Carunchos despertan en “Ti que?” o seu lado máis reivindicativo para falar sobre a violencia de xénero, a contaminación do mar, o conflito en Oriente Medio ou as diferenzas entre ricos e pobres. 

Todo isto nun álbum que eles mesmos califican como o máis plural de todos os seus traballos, “tanto en timbres, como en instrumentos e composicións”.



En galego (2009),  mozos e mozas, vellos e vellas, nenos e nenas, tonios e tonias, aquí está este traballo novo e fresco destes traballadores e traballadoras da música do país, da auténtica, da de raíz, da que sae dos peitos rexos e nobres d@s que non só tocan e cantan "que nin dios", senón que ademáis gózana e vívena para que tod@s aprendamos a amala e a sentir o orgullo de sermos galegos. Facendo país. Agardábamos ansiosos as novas pezas e coplas. Xa, "¡Sen tempo non era!". Chegou o momento de vivir e compartir outra vez a emoción e a ledicia das vosas xotas, valses, muiñeiras, rumbas ... sen límite. Na pre-festa, na festa e na post-festa. Con vós, sempre FESTA: sempre aberta, descomunal, rotunda ... ¡rachada! De Gondomar a Muros, de Carboeiro a Couso, da Baña a Bretoña, de Pardiñas a "Montealegre". CARUNCHOS, se vós tocades, nós bailamos: "pra vós estamos nós", que diría o Ghaiteiriño de Aldán.
¿Sabedes o que vós dicimos a tod@s e cada un e unha de vós? "Ti, pa min, xa vales". Sempre en Galiza, sempre ... ¡EN GALEGO!

Montealegre (2005), gravado para festexar o décimo aniversario, nel aparecen novos instrumentos e temas tanto tradicionais como de diversos compositores da nosa terra.
Unha vez mais apostamos pola nosa cultura facendo un disco fresco e cheo de ritmo, apostando pola nosa lingua e polos nosos instrumentos, rescatando vellas cantigas e introducindo novas composicións para o xa extenso repertorio da música galega.


Sen tempo non era (2002)  editado por Zouma Records. Incluen novos instrumentos no son do grupo, como o óboe, a frauta traveseira e maila requinta, e seguen a empregar letras de autor e compoñendo algunhas das súas melodías.





No ano 1998 gravan o seu primeiro CD que leva por nome ¡Ala, que vai!, editado por Edicións do Cumio. Neste traballo fan un resumo dos seus primeiros catro anos de vida gravando nel cantigas e melodías de nova composición, mesturados cos máis antigos romances ou pezas populares.









CONTACTO:

Luis Correa 666 83 80 74

oscarunchos@gmail.com

https://www.facebook.com/OS.CARUNCHOS/?fref=ts


Promoción: 
info@culturactiva.org